Esta madrugada era un momento moi esperado polos seareiros da serie de televisión Game of Thrones, xa que estreábase a súa oitava tempada máis de ano e medio despois do último episodio da sétima, co incentivo adicional de que esta tempada será a derradeira, pechando así unha produción nacida en 2011 e que converteuse no grande reclamo para a contratación da plataforma de vídeo baixo demanda de HBO, que en España non só ten a que probablemente sexa a aplicación deste tipo coa peor interface de usuario do mercado, senón que está mañá padeceu unha incidencia que enfureceu a moitos subscritores.
A expectación polo novo episodio de Game of Thrones fixo que moitos usuarios de HBO, en vez de trasnoitar, madrugasen para ver a nova entrega dun dos fenómenos do audiovisual máis importantes da presente década, atoparon que a partires das sete da madrugada o servizo padeceu problemas técnicos, interrompendo a reprodución para moitos espectadores, e forzando a que a plataforma que dá servizo a varios países europeos tivese que pórse en mantemento ata preto das once da mañá, cando dende HBO deron a incidencia por solucionada, desculpáronse e aseguraron confiar en que non se repitan problemas semellantes.
Unha vez máis as plataformas de streaming confirman estar preparadas para usos ordinarios, pero teñen serios problemas á hora de soportar picos de tráfico provocados por grandes estreas ou por retransmisións de eventos en directo.
HBO cae preto de 4 horas ante a estrea de Game of Thrones
Compartir Este Artigo
