Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O primeiro Hackathon DESTInno premiou tres contribucións galegas ao turismo smart
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O primeiro Hackathon DESTInno premiou tres contribucións galegas ao turismo smart

Redacción
Publicado: 16/04/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

premios-hackathon.jpgO proxecto galego Desafío Domingo Fontán, videoxogo de turismo que consiste en achegar unha serie de retos aos visitantes que estes deberán ir superando para recibir premios, recibiu os días pasados o recoñecemento do primeiro Hackathon DESTInno, desenvolvido (no marco das segundas Xornadas TuristTIC de Pontevedra) co obxectivo de distinguir as mellores solucións tecnolóxicas que nos promovan e impulsen no mundo. Amais, as aplicacións Niiru e Rondar leváronse o segundo e o terceiro premio nunhas xornadas que converteron o Verbum de Vigo en referente galego, estatal e europeo do turismo intelixente.
Os galardóns foron entregados polo presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo González, polo presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez e polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, xunto ao delegado da Zona Franca, David Regades e a presidenta da Deputación de Pontevedra, entidade organizadora de TurisTIC. Carmela Silva felicitou aos gañadores, pero tamén ao resto dos 28 proxectos que competiron neste primeiro Hackathon e que, nas súas palabras, “veñen a demostrar o enorme talento que hai nesta provincia”.
Como dixemos, o primeiro premio de Hackathon DESTIno, que duplicou a cifra de participación prevista, foi para o proxecto Desafío Domingo Fontán no que participaron Celso Gómez Corbal, Luis Eduardo Castro Rodríguez e Jarold Meléndez Lugo. Esta aplicación achega retos ligados a recursos turísticos, a xeito de probas que cómpre superar, co fin de recibir premios e acceder a novos recursos e informacións. Segundo se fixo saber, trátase dunha aplicación dinamizada socialmente, de maneira que a través dela é posible desafiar a outras persoas usuarias no marco dos diferentes retos temáticos que propón.
Pola súa banda o segundo premio recaeu no proxecto Niiru, no que participaron Óscar Casal Rodríguez, Alejandro Martínez, Carlos Rodríguez López e José Gadea Santos. A tecnoloxía consiste nunha aplicación baseada en información masiva (Big Data) que recompila todos os intereses que xorden á hora de planificar unha viaxe e propoñen rutas acordes a eses intereses.
Finalmente, o terceiro premio foi para Rondar cunha proposta deseñada por Beatriz Gil, Daniel Rodríguez, María Rodriguez e Elena Jiménez. Rondar, segundo salientou o xurado, destaca por ser unha ferramenta centrada no target específico das persoas maiores de 55 anos, os senior-millennials, co obxectivo de incluílas nunha proposta de turismo intelixente centrada na planificación de rutas e de propostas gastronómicas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?