Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 190 proxectos innovadores aspiran a participar na sexta edición de ViaGalicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 190 proxectos innovadores aspiran a participar na sexta edición de ViaGalicia

Redacción
Publicado: 17/04/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

viagalicia-4.jpgViaGalicia, a aceleradora da Zona Franca de Vigo e a Xunta, vén de recibir 190 propostas de emprendedores na súa sexta edición. Este logro, que se suma ao recente recoñecemento Funcas, que a distinguiu como a mellor aceleradora do ámbito estatal, engádese á mobilización dun orzamento para esta sexta convocatoria que marca diferenzas con respecto a outras iniciativas semellantes: 2 millóns de euros. No que se refire ás 190 propostas, salientan novamente os proxectos de Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) que supoñen un 23% do total, seguidas de ideas de negocio vencelladas ao sector da Agroalimentación e Pesca (12%), Turismo e Hostalaría (10%) e Téxtil e Moda (8%).
O comité técnico de ViaGalicia, que contará co apoio de entidades colaboradoras e centros tecnolóxicos para a valoración dos proxectos, seleccionará ata un máximo de corenta propostas por sede (Vigo e Lugo), tendo en conta “as súas capacidades de innovación, investibilidade, acelerabilidade e relevancia”. Para iso, desde ViaGalicia realizaranse diversas entrevistas cos promotores dos proxectos co obxectivo de coñecer mellor as súas propostas, aclarar algunhas dúbidas e coñecer aos equipos e o seu grao de compromiso.
En xuño coñeceranse os proxectos seleccionados, que pasarán a participar no Startup Day. Será nesta xornada cando se avalíen as competencias individuais e de equipo dos emprendedores e a súa capacidade para conducir estes proxectos cara ao éxito, e poderanse seleccionar ata 40 proxectos (20 por sede) para a súa pre-aceleración durante a fase de academia.
Como dixemos, esta sexta edición conta cun orzamento de 2 millóns de euros destinado a formación, asesoramento, mentorado, coworking e financiamento dos proxectos que participen no programa de aceleración.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?