Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As empresas galegas incrementaron nun 80% o investimento en TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As empresas galegas incrementaron nun 80% o investimento en TIC

Redacción
Publicado: 22/04/2019
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

sociedade_informacion_empresas_galicia_2018.jpgO gasto total en TIC das empresas galegas durante o ano 2017 superou os 364 millóns de euros, o que supuxo un aumento de máis de 162 millóns de euros respecto ao ano anterior. O incremento rexístrase en todos os segmentos, que investiron máis tanto na compra de bens TIC, como de software ou na contratación de servizos e consultoría tecnolóxica.
Son datos recollidos no informe A Sociedade da Información nas Empresas de Galicia, correspondente ao ano 2018, publicado polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á AMTEGA. O estudo analiza a integración das TIC no tecido empresarial galego, conformado por un total de 200.801 empresas; 1.878 máis que o ano anterior, das que o 96,2% son microempresas, con menos de 10 traballadores.
O 32,7% das empresas de 10 ou máis traballadores con actividade en Galicia e o 15,3% das microempresas conta con velocidades iguais ou superiores a 100 Mbps. No último ano, as velocidades de conexión a Internet de 100 Mbps ou superiores aumentaron un 57,7% entre as microempresas e un 11,6% nas empresas de maior tamaño.

Contidos
  • Aumento da banda larga móbil
  • Web, redes sociais e as vendas en liña
  • Big Data, impresión 3D e robots
  • Xestións coas Administracións Públicas e Política de seguridade

Aumento da banda larga móbil

A práctica totalidade das empresas galegas de 10 ou máis traballadores ten contratado conexión a Internet. Entre as microempresas, a porcentaxe sitúase no 68,3%, experimentando un crecemento do 9% no último ano.
Con respecto á banda larga móbil, cabe destacar que catro de cada cinco empresas de 10 ou máis traballadores acceden a Internet empregando banda larga móbil e nas microempresas acada xa o 72,2%. A contratación da banda larga entre as microempresas aumentou 3 puntos no último ano e converxe coa media estatal.

Web, redes sociais e as vendas en liña

Neste último ano incrementouse a dispoñibilidade de páxina web entre as microempresas galegas, cun crecemento de 4,7 puntos porcentuais e sitúase no 30,9%. Nas empresas de maior tamaño, a dispoñibilidade de páxina web mantense en niveis semellantes ao ano anterior. Con respecto ás redes sociais, cabe salientar que a porcentaxe de empresas de 10 ou máis traballadores con actividade en Galicia que as emprega (52,7%) supera a media estatal (51,8%).
Unha das principais utilidades de Internet, segundo as propias empresas, é a de dirixir publicidade cara un colectivo concreto. A publicidade dirixida na Rede aumentou entre as microempresas 3,7 puntos no último ano e sitúase no 11,5%, superando a media estatal.
As vendas a través de Internet aumentaron nas microempresas galegas en 2,2 puntos porcentuais e situándose a medio punto da media estatal. No caso das empresas de 10 ou máis traballadores, as vendas a través de Internet superan o 18%.

Big Data, impresión 3D e robots

Unha de cada dez empresas galegas de 10 ou máis traballadores empregan Big Data. As fontes de datos que se empregan para a análise con Big Data difire segundo o tamaño da mesma: nas microempresas destacan os datos xerados por medios sociais e nas empresas de 10 ou máis empregados con actividade en Galicia sobresae o emprego de datos da propia empresa, captados con sensores ou dispositivos intelixentes.
A transformación dixital que experimentan as empresas tradúcese na medición de novos indicadores. Así, por primeira vez, esta enquisa informa sobre a dispoñibilidade de impresión 3D, que emerxe entre as empresas galegas de 10 ou máis traballadores, (3,7%). No relativo ao uso de robots, obsérvase que é unha ferramenta utilizada polo 13% das empresas de 10 ou máis traballadores, valor por riba da media estatal (11%).

Xestións coas Administracións Públicas e Política de seguridade

A interacción coas Administracións Públicas a través de Internet conta cunha ampla implantación nas empresas galegas: o 93,3% no caso das empresas de 10 ou máis empregadose tres de cada catro entre as microempresas. A interacción coas Administracións Públicas a través de Internet entre as microempresas aumentou 0,4 puntos porcentuais no último ano, superando novamente a media estatal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?