Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O polo galego de drons estará na feira mundial máis relevante do sector
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O polo galego de drons estará na feira mundial máis relevante do sector

Redacción
Publicado: 24/04/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

civil_uav_initiative-3.jpgO proxecto Civil UAVs Initiative, dirixido a crear un Lugo un potente e referencial polo de deseño, desenvolvemento e creacións de tecnoloxías ligadas aos avións non tripulados, vai participar na principal feira do mundo da industria dos drons, a feira Xponential 2019 de Chicago. Até alí desprazaranse os responsables da Axencia Galega de Innovación (Consellería de Economía), impulsora da iniciativa, que estará acompañada das multinacionais Indra, Babcock e Boeing, socias da Xunta no proxecto, e das empresas galegas Marine Instruments, Ceres, Cartogalicia, Proyestegal, Análisis y soluciones de ingeniería, Aerolugo, Cinfo, Centum, Soluciones y sistemas de información (Sixtema). Ás devanditas firmas súmanse a presenza dos centros tecnolóxicos Gradiant e ITG.
A participación da Civil UAVs Initiative no dito acontecemento mundial enmárcase no seu plan de internacionalización, que ten por obxectivo xerar novas oportunidades de negocio aos axentes implicados na CUI e emprazar Galicia como un polo de referencia internacional no segmento dos vehículos non tripulados para uso civil. Ademais, darase a coñecer a BFAero, a aceleradora especializada no sector aeroespacial, cuxo obxectivo é crear e acelerar compañías innovadoras na cadea de valor do sector en Galicia con capacidade para captar, atraer e reter talento.
xpo19-slide.pngSegundo informa GAIN, a feira Xponential constitúe “o principal punto de encontro a nivel internacional para o sector dos sistemas non tripulados aéreos, terrestres e marítimos”. Organizada pola Asociación para Sistemas Non Tripulados Internacional (AUVSI, nas súas siglas en inglés) acada este ano a súa 47 edición. Na última visitaron o evento 8.500 persoas e contou con máis de 700 expositores. Dende a axencia valoran a presenza do proxecto galego no evento como “unha excelente oportunidade para que as empresas establezan contactos comerciais, colaboracións tecnolóxicas, así como coñecer as tendencias e o futuro desta industria”.
A participación galega na feira consistirá nunha área propia duns 15m2 dentro do Espazo España que coordina o ICEX (dependente do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo), cuxo custo será asumido polas empresas Indra e Babcock, así como a asistencia doutras dez empresas galegas e dous centros tecnolóxicos. As PEME galegas contan co co-financiamento do IGAPE, a través do Plan FOEXGA, para custear os gastos de asistencia. En total, a delegación da CUI estará formada por unhas 30 persoas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?