Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo lanza nas redes un vídeo-chamamento para impulsar a vocación TIC nas rapazas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo lanza nas redes un vídeo-chamamento para impulsar a vocación TIC nas rapazas

Redacción
Publicado: 26/04/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_video_mulleres_tecnologas.jpgEste 25 de abril celebramos no mundo (e na nosa terra) o Día Internacional das Rapazas nas TIC e a Universidade de Vigo quixo implicarse nesta importante conmemoración. E fíxoo a través a primeira actividade impulsada pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da UVigo: un vídeo lanzado ás redes sociais por tres investigadoras e docentes (Yolanda Blanco, do Departamento de Enxeñaría Telemática; Alma Gómez, do Departamento de Informática e Beatriz Legerén, do Departamento Comunicación Audiovisual e Publicidade) que fan nel un chamamento ás nenas e mozas para que aposten polos estudos e as profesións TIC. O vídeo divulgativo espallouse baixo o cancelo #euinvesTICgo.
Cada unha das tres protagonistas explica nesta peza audiovisual os porqués da relevancia das TIC para o avance social e científico e por que precisa dunha compoñente feminina. Por exemplo, Yolanda Blanco lembra que “a tecnoloxía é un campo aberto en evolución constante”, mentres que Beatriz Legerén convida ás nenas a estudar neste ámbito “para poder comprender mellor o mundo”. Alma Gómez engade que, aínda que moitas veces non teñan a visibilidade que merecen, no eido da tecnoloxía houbo mulleres que desenvolveron papeis moi relevantes, como Ada Lovelace, “a primeira programadora da historia”.
Con esta campaña, a UCC+i da Universidade de Vigo inaugura as súas redes sociais (YouTube, Facebook, Instagram, LinkedIn e Twitter) e arranca un plan anual de actividades baixo o título de Unha Cuestión de Ciencia.
A UCC+i, que depende da Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais en colaboración coa Vicerreitoría de Investigación, foi creada o pasado mes de novembro de 2018 co fin de “mellorar a formación, a cultura e os coñecementos científicos da cidadanía, converténdose nun axente fundamental na difusión e divulgación da ciencia e innovación da Universidade de Vigo”. Para iso, dende este servizo estase tamén impulsando o ciclo Conversa sobre cambio climático en colaboración coas vicerreitorías de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación e Investigación. O obxectivo destas conferencias é analizar, con carácter divulgativo e dende un punto de vista científico, as causas, efectos e implicacións do quecemento global e o cambio climático.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?