É bastante habitual que en Google agochen bromas de distinto tipo co gallo do Primeiro de Abril, pero desta volta o ovo de Pascua que atopamos no buscador chega co gallo da estrea do filme Vengadores: Endgame, xa que ao buscar polo nome do malvado da película, Thanos, atopamos unha icona na súa ficha co Guantelete do Infinito e, ao premer sobre o mesmo, escoitaremos o seu arrepiante estalo de dedos e contemplaremos a desaparición da metade dos resultados de busca.
Esta recreación do estalo de dedos que podemos ver en pantalla grande conta con animacións e son, así como unha conta atrás do número de resultados de busca, que fai que sexa moi curioso de ver, como tamén se prememos de novo na icona do Guantelete, que fará reaparecer os resultados desaparecidos.
Google homenaxea os filmes da Marvel cun ovo de Pascua
Compartir Este Artigo
