Comeza o mes de maio cun importante anuncio de Psyonix, estudio responsable do xogo de éxito Rocket League, que dá conta da súa adquisición por parte de Epic Games, compañía responsable de Fortnite, de xeito que dous dos grandes fenómenos dos videoxogos xúntanse baixo o mesmo selo.
Dende Psyonix aseguran que a operación de compra por parte de Epic Games non suporá cambios a curto prazo para Rocket League, de xeito que continuarán a traballar mellorando constantemente o xogo como viña sendo habitual, aínda que a longo prazo si terá consecuencias como levar Rocket League á tenda de xogos de Epic Games (sendo unha incógnita se iso suporá a súa desaparición de Steam) e incorporar novidades que Psyonix non podería realizar pola súa conta.
Nun principio a operación supón un incremento de recursos para Psyonix, ao pasar a formar parte dunha empresa de maior tamaño e experiencia, de xeito que confíase en que para a comunidade de Rocket League sexa unha boa nova.
Epic Games merca o estudio de Rocket League
Compartir Este Artigo
