SmartPEME, o programa de capacitación tecnolóxica para PEME, profesionais e autónomos da Deputación de Pontevedra, vai organizar este mes de maio catro accións formativas na súa sede de Barro: catro citas que poñen en xogo nas posibilidades da placa libre Arduino. Estas actividades súmanse ás 21 da comarca de Vigo, ás sete previstas para a oficina de Pontevedra (sede Deputación), ás sete de Cambados e ás sete de Lalín. En total, 46 obradoiros. As inscricións pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.es.
Todas estas citas teñen o nexo común de facilitar “a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade”.
A primeira cita celebrarase este xoves, 9 de maio ás 17:00 horas, coa acción Programación con Arduino I. O xoves 16, ás 17.00 horas, levarase a cabo o obradoiro Programación con Arduino II. A terceira acción, Programación con Arduino III impartirase o xoves, 23 de maio, ás 17:00h. E, por último, Programación con Arduino IV impartirase o xoves 30 de maio ás 17:00 horas.
A oficina SmartPEME de Barro atópase no viveiro de empresas do Polígono e as inscricións pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.gal.
SmartPEME organiza en Barro catro novas accións de capacitación TIC
Compartir Este Artigo

