Nos EE.UU. están a celebrar a Semana Nacional do Pequeno Negocio, e co gallo desta celebración dende Facebook decidiron presentar novas solucións para axudar ás PEME a aforrar tempo e recursos. Entre as novidades están novas ferramentas creativas para vídeo (que axuden a captar a atención do público), anuncios automatizados (que poden crearse de xeito doado baseándose nas imaxes existentes na páxina do negocio) e a posibilidade de pedir cita directamente dende Facebook e Instagram.
A posibilidade de empregar Facebook para realizar unha reserva nun pequeno negocio (como un salón de peiteado) non se limita a solicitar a cita, senón que tamén se remitirán confirmacións da reserva aos clientes, contarán con recordatorios e poderase manter a comunicación a través de Messenger. Amais, o calendario de reservas poderá sincronizarse co calendario do negocio (sendo compatible con solucións de reserva como Acuity Scheduling, Booksy, GoPanache e Gloss Genius (ás que sumaranse en breve Setmore e Vagaro). Temos así unha solución realmente práctica para millóns de negocios de todo o mundo, que non só teñen un xeito moi directo de converter as accións en redes sociais, senón que tamén é un xeito cómodo e áxil de realizar reservas (que en moitas ocasións resulta máis práctico).
Facebook ofrece un sistema de reserva de citas para pequenos negocios
Compartir Este Artigo
