A aplicación Vodafone TV Online, que facilita o acceso a un amplo catálogo de canles de televisión e milleiros de contidos baixo demanda a través do smartphone ou a tableta vén de incorporar unha funcionalidade moi práctica para os clientes de Vodafone TV: a posibilidade de descargar os contidos para poder reproducilos sen precisar de conexión á Internet.
A aplicación, dispoñible para iOS e para Android, permite agora descargar contidos audiovisual en local, para o seu goce onde non haxa conectividade coa Rede ou, simplemente, para non gastar megas da tarifa de datos, atendendo así unha demanda dos usuarios que están afeitos a gozar desta funcionalidade noutras plataformas de vídeo baixo demanda como Netflix e Amazon Prime Video.
A aplicación móbil de Vodafone TV estrea a opción de descargar contidos baixo demanda
Compartir Este Artigo
