Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo xunta forzas con estudantes e docentes para transformar o ensino
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo xunta forzas con estudantes e docentes para transformar o ensino

Redacción
Publicado: 31/05/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_adles1.jpgO Campus de Vigo acolleu este mércores unha xuntanza de traballo arredor do proxecto ADLES (Active Digital Learning Environments in Schools), unha proposta internacional que impulsa a Universidade de Vigo de maneira conxunta con outras institucións de Italia, Grecia, Reino Unido, Dinamarca, Portugal e Turquía para o desenvolvemento da metodoloxía ABP (Aprendizaxe Baseado en Problemas). Na reunión, na que participaron unhas 60 persoas (incluídos estudantes e docentes do IES Parga Pondal de Carballo e o IES Politécnico de Vigo), avaliouse o traballo feito dende que arrancou o proxecto en setembro de 2017.
Na apertura da xuntanza, a vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación, Maribel Doval, salientou a importancia de apostar por innovación pedagóxica e docente dende o eido da tecnoloxía e a enxeñaría, polo que felicitou aos impulsores de ADLES, “polo seu compromiso coa educación e polo traballo colaborativo”.
O obxectivo do proxecto, segundo lembrou o profesor da EE de Telecomunicación e coordinador da iniciativa, Martín Llamas, “é crear contornas que faciliten a aprendizaxe activa a través da ABP”, amais de mellorar a calidade da educación e fornecer de contornas de ensino máis motivadoras e efectivas. Para isto creouse unha plataforma web que inclúe un conxunto de ferramentas dixitais, como xogos ou simulacións, que permitirán aos estudantes experimentar, colaborar e comunicarse nunha comunidade de aprendizaxe estendida e multinacional, ao tempo que desenvolven activamente as competencias persoais e sociais.
Precisamente, a participación nesta xornada do alumnado dos dous institutos responde á necesidade de testar o funcionamento desta plataforma en liña, actividade que desenvolveron da man dos tamén docentes da EE de Telecomunicación, Fernando A. Mikic e Manuel Caeiro. A vicerreitora remarcou a importancia das súas achegas avaliando a plataforma web, “xerando un feedback que axudará a mellorar estas ferramentas”.
Unha iniciativa motivadora
O proxecto busca integrar métodos de aprendizaxe novos e innovadores asegurando estudantes mellor preparados, activos, autónomos, independentes, innovadores e que asuman riscos; fomentar a mellor práctica e o intercambio de coñecementos entre socios; desenvolver novas e innovadoras formas de utilizar as TIC en educación e, en particular, atopar novas formas de motivar aos estudantes, darlles competencias en creatividade e innovación, reforzar a resolución de problemas, desenvolver o traballo en equipo e as habilidades de colaboración e, en xeral, mellorar a eficiencia da educación escolar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?