Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AMTEGA e Educación proba xa os primeiros contidos educativos dixitais de DIXIT
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AMTEGA e Educación proba xa os primeiros contidos educativos dixitais de DIXIT

Redacción
Publicado: 03/06/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

neno_computador.jpgGalicia quere ter educación dixital, e cada pouco damos novos pasos no camiño das tecnoloxías plenamente inseridas no ensino, como materia de estudo (e experimentación), como instrumento para mellorar o estudo doutras materias. Turrando desta transformación educativa atópase Abalar, proxecto no que se insire a iniciativa E-Dixgal, que vén de achegar unha serie de novidades. Por exemplo a creación de contidos educativos dixitais innovadores coa implicación do profesorado e os sectores TIC e audiovisual, a iniciativa DIXT. Así nolo contan as impulsoras de E-Dixgal, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Consellería de Educación.
A orixe destas novidades está no pasado mes de xaneiro, cando se formou un equipo integrado por unha decena de profesores de diferentes materias e centros educativos galegos (co apoio das empresas tecnolóxicas Everis e R) para abordar a xeración de contidos dixitais aproveitando as capacidades técnicas e innovadoras dos sectores tecnolóxico e audiovisual de Galicia, e os coñecementos pedagóxicos do profesorado galego así como as súas necesidades. Nestes meses o profesorado realizou a proposta de contidos e definiu os obxectivos, competencias, esquemas e materiais adicionais. Sobre este alicerce, as empresas TIC e do audiovisual implicadas elaboraron recursos aplicando as tecnoloxías máis innovadoras: Realidade Aumentada, Realidade Virtual, simulación, gamificación, Intelixencia Artificial, aprendizaxe personalizada e adaptativa…
A día de hoxe, xa están elaborados os primeiros contidos que antes do remate do curso serán validados polos propios docentes nas aulas galegas, de xeito previo á posta a disposición gratuíta para toda a comunidade educativa galega a través das plataformas do Proxecto Abalar.
En concreto, probaranse varios Snack Experiments para a materia de Bioloxía e Xeoloxía, que ofrecen ao alumnado a posibilidade realizar experimentos a través de vídeo interactivo mostrando distintas secuencias de vídeo en función da interacción do usuario, accesibilidade mediante subtítulos, diversos idiomas e linguaxe de signos.
Amais, elaboráronse contidos de matemáticas con Regletas Cuisinare que ofrecen simulación interactiva para a aprendizaxe a través da manipulación de figuras 3D (prismas de plástico ou de madeira que simbolizan distintos números segundo a súa lonxitude e cor) para realizar diferentes operacións matemáticas (lóxica, indución, estimación e aproximación). Ao abeiro disto, o alumnado pode manexar estas figuras (arrastralas, viralas, etc) na área de traballo, para realizar as operacións que se expoñan nas actividades. Por outra banda, a AMTEGA e Educación informaron de que se está a a pechar a creación de novos contidos que empregarán tecnoloxías como o Intelixencia Artificial, analítica de vídeo, Machine Learning (aprendizaxe máquina), vídeo inmersivo 360 e Realidade Aumentada.
Máis sobre DIXIT
A iniciativa DIXIT cingue a capacidade de emprego de tecnoloxías innovadoras do mundo empresarial (obtido a través de licitación pública), coa do profesorado galego (a través da escolma de docentes de referencia por parte da Consellería de Educación). Nesta iniciativa, estanse a desenvolver contidos de 3 ámbitos: Matemáticas, Ciencias Naturais e Idiomas.
Con DIXIT súmase unha terceira liña na posta á disposición de e contidos educativos innovadores para que a comunidade educativa poida tirar proveito deles no ensino dixital, ou como recursos complementarios: a través de contidos dixitais producidos polos propios docentes dispoñibles no espazoAbalar, a través de contidos dixitais proporcionados polo sector empresarial produtor de contidos na Plataforma virtual de E-Dixgal; e a través da unión das capacidades de ambos ámbitos, o docente e o empresarial (DIXIT).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?