Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SIGRE divulga a figura da farmacia respectuosa co medio ambiente cunha infografía interactiva
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SIGRE divulga a figura da farmacia respectuosa co medio ambiente cunha infografía interactiva

Redacción
Publicado: 03/06/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sigre_dsc04819.jpgXuntar forzas contra o cambio climático e buscar respostas, tamén, na innovación, na sustentabilidade e no coñecemento. Este é un dos grandes obxectivos de SIGRE, unha entidade farmacéutico-medioambiental que aposta pola reciclaxe como fórmula axeitada e eficaz para contrarrestar a destrución do planeta, poñendo o foco nos produtos que lle tocan de preto: os relacionados coa saúde, a medicina e os coidados.
Esta mañá os responsables da entidade estiveron na sede do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia da Coruña para visualizar as vantaxes dun correcto tratamento do material farmacéutico desbotado e, tamén para mostrar os resultados ambientais alcanzados por SIGRE en Galicia. Neste punto, a entidade salientou que as galegas e galegos fomos quen de reciclar, o ano pasado, preto de 322.500 quilos dos devanditos refugallos.
sigre_ecofarmacia_es.jpgO encontro contou coa presenza da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez, o presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia da Coruña, Héctor Castro, e o director xeral de SIGRE, Juan Carlos Mampaso, quen tras o repaso da situación da reciclaxe de medicamentos en Galicia quixo salientar a creación dun micrositio web no que recollen 77 boas prácticas para coidar do medio ambiente dende a farmacia a través dunha atractiva infografía interactiva.
sigre_dsc04812.jpgSalientaron que a nosa terra atópase entre as comunidades con meirande taxa de reciclaxe en envases de medicamentos a través dos puntos SIGRE, en boa medida polo feito de que o programa piloto desta iniciativa desenvolveuse na provincia de Ourense, de xeito que o noso territorio ten carácter pioneiro. Para facernos unha idea, durante o pasado ano rexistramos unha recollida media de 120 gramos de recipientes baleiros ou con restos de produtos por habitante, 15 puntos por riba da media española.
angeles_sigre_004.jpgNa sesión cos medios, Ángeles Vázquez explicou estes bos resultados son «a mellor mostra» para afirmar que o traballo que se está a levar a cabo con todos os axentes do sector farmacéutico (farmacias, colexios oficiais de farmacéuticos, distribución, laboratorios, Asociación Española de Medicamentos Xenéricos…) é «o correcto para acadar os obxectivos principais e compartidos por todos, como é afianzar nos fogares o hábito de reciclar os medicamentos e de usalos con responsabilidade, para non xerar residuos innecesarios».

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?