Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A secretaria de Estado de Universidades e I+D+i visita a sede de Optare en Vigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A secretaria de Estado de Universidades e I+D+i visita a sede de Optare en Vigo

Redacción
Publicado: 05/06/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

optare_solutions_2.jpgA sede en Vigo da compañía Optare Solutions, referente en integración de sistemas en operadores de telecomunicacións, recibiu hoxe a visita da secretaria de Estado de Universidades, Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Ángeles Heras Caballero. A estadía da titular de I+D+i no Goberno central veu acompañada do delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades.
A visita incluíu unha visita ás dependencias centrais de Optare no Parque Tecnolóxico de Vigo e máis a presentación das principais liñas de traballo da compañía, moi centrada en proxectos innovadores do ámbito do 5G.
A secretaria foi recibida por Luis Sestelo, director executivo do grupo, Luis Alves, director xeral de Optare Solutions EMEA, e Xosé Ramón Sousa, líder tecnolóxico de Optare Labs, a unidade de investigación e desenvolvemento da firma galega.
optare_solutions-2.jpgEntre os ámbitos de traballo que máis espertaron o interese de Ángeles Heras situáronse as iniciativas de Optare no eido do estándar 5G, a tecnoloxía chamada a revolucionar radicalmente o noso xeito de comunicarnos (entre nós, entre nós e as máquinas, entre nós e os obxectos, etc). A titular de I+D+i tamén salientou o potencial dos proxectos da compañía galega en materia de optimización da calidade da experiencia entre os usuarios de telecomunicacións. Amais, a secretaria de Estado destacou os avances tecnolóxicos desenvolvidos por Optare, apoiados na longa experiencia (17 anos) da corporación galega no sector teleco, unha experiencia cimentada no seu traballo con máis de 30 operadoras de todo o mundo.
Luis Sestelo apuntou que “é un orgullo para Optare recibir nas nosas instalacións personalidades tan destacadas como de Ángeles Heras, que non fai senón constatar o interese na nosa compañía e as súas actividades por parte dos actores e autoridades máis relevantes en materia de innovación”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?