Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galician Skyway fornecerá dun extra de seguridade o uso de drons a gran escala
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galician Skyway fornecerá dun extra de seguridade o uso de drons a gran escala

Redacción
Publicado: 05/06/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

galicianskyway_cabecera.jpgAo abeiro do programa autonómico Civil UAVs Initiative, dirixido a converter Galicia (con sede nas Rozas, Lugo) nun polo de creación de tecnoloxías aeronáuticas (drons, aplicacións, servizos), estanse a poñer en marcha unha serie de proxectos de gran relevancia. Por exemplo Galician Skyway, posto en marcha por un consorcio liderado pola multinacional Boing e integrado, tamén, pola axencia galega GAIN, Enaire, INTA, o Centro Tecnolóxico Gradiant, Televés, CENTUM e SOTICOL. O investimento total de proxecto alcanzará os once millóns de euros, sendo o obxectivo achegar respostas resolutivas para os problemas técnicos derivados dun futuro no que proliferen drons e avións non tripulados no noso espazo aéreo. Trátase, pois, dun proxecto para engadir un extra de seguridade e orde nun espallamento, o dos ditos aparellos, que sen dúbida vai a máis.
Galician Skyway foi presentado a semana pasada en Santiago nunha cita cos medios na que se debullaron os seus principais detalles e os grandes retos que encara. Na cita, entre outros, interveu o director xeral de Gradiant, Luís Pérez Freire, quen salientou “que en Galician Skyway achegaremos a nosa experiencia en visión artificial embarcada e procesado de datos para garantir a seguridade en caso de perda do UAV”. Froito desta experiencia, engadiu, é o sistema Counter UAS by Gradiant, unha tecnoloxía para a detección, clasificación, seguimento e neutralización automática de drons, que “permite protexer persoas e infraestruturas críticas dentro dun perímetro de seguridade das ameazas que supoñen as actividades ilegais ou neglixentes dos ditos vehículos aéreos”.
Xunto a Gradiant, acompañan a Boeing neste proxecto os seguintes integrantes do consorcio: Enaire (Ministerio de Fomento); INTA (Ministerio de Defensa); a multinacional tecnolóxica galega Televés, CENTUM, startup tecnolóxica galega especializada en telecomunicacións, SOTICOL, unha empresa de base tecnolóxica nada na Universidade de Alcalá e Xunta de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?