Orange despregou en España a súa rede Long Term Evolution for Machines (LTE-M), culminando así o traballo iniciado hai máis de 2 anos e converténdose no primeiro operador no territorio español en lanzar esta tecnoloxía centrada en solucións para a Internet das Cousas (IoT).
Esta tecnoloxía é moi práctica para multitude de usos, como trazabilidade de activos, sistemas de eficiencia enerxética, xestión de cadeas de frío ou control remoto de maquinaria, xa que funciona en mobilidade, con mellor cobertura en interiores que outras tecnoloxías semellantes, cunha maior largo de banda e menor latencia e incluso cun baixo consumo de batería dos dispositivos.
A nova rede LTE-M de Orange pretende axudar ás empresas a avanzar na súa transformación dixital grazas á súa versatilidade, e tamén poderá xogar un rol importante para o desenvolvemento das Smart Cities, contribuíndo a avanzar dende xa nunha liña de desenvolvemento moi prometedora e sen ter que agardar ás futuras redes 5G, que aínda tardarán anos en ser prácticas.
Orange estrea comercialmente a súa rede LTE-M
Compartir Este Artigo
