Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os voluntarios ambientais xa poden inscribirse nas batidas contra a basuraleza de proxectolibera.org
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os voluntarios ambientais xa poden inscribirse nas batidas contra a basuraleza de proxectolibera.org

Redacción
Publicado: 06/06/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

voluntarios_basuraleza.jpgXa podemos inscribirnos en proxectolibera.org para participar nalgunha das 20 batidas programadas (ata o de agora) de limpeza que se van organizar na nosa terra para combater, colectivamente, a proliferación imparable do que se coñece como basuraleza, integrada por todo tipo de refugallos xerados polo home (cabichas e toalliñas principalmente, aínda que tamén envoltorios e recipientes plásticos de todo tipo).
A Consellería de Medio Ambiente, a través da directora de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira, fixo un chamamento á cidadanía galega para que xunte forzas arredor das devanditas quedadas, ben inscribíndose nas que xa foron convocadas, ben propoñendo iniciativas novas de limpeza. As accións activistas (en lugares como a Laguna Mina Mercedes de Pontecesures, o porto de Maplica ou a praia de Bens, na Coruña, entre outros enclaves), materialízanse a través da iniciativa 1m2 pola natureza, que ten a súa face visible en www.proyectolibera.org.
medio_ambiente_proxecto_libera.jpgA directora xeral, xunto co xerente de Ecoembes, Fernando Blázquez, participou esta mañá na rolda de prensa de presentación desta iniciativa que se celebrará o vindeiro 15 de xuño e que se trata dunha iniciativa dentro do proxecto Libera: Natureza sen Basura, posto en marcha por SEO/BirdLife e Ecoembes, para loitar contra o espallamento de lixo no medio natural.
Ferreira lembrou que se trata da terceira edición na que Galicia participa e fixo un chamamento á sociedade para multiplicar o número de participantes das anteriores citas (no 2018 houbo 500 voluntarios que realizaron limpezas en 24 puntos da xeografía galega), co obxectivo de concienciar ao conxunto da sociedade na necesidade de avanzar cara a mitigación do impacto do lixo nos espazos naturais. Sinalou que “o abandono e a acumulación de lixo nas contornas naturais converteuse nun problema xeneralizado, que ten un impacto negativo para a conservación do medio ambiente que nos rodea e, en consecuencia, no planeta”.
Explicou que todas aquelas persoas que desexen participar nunha batida poden inscribirse nalgunha ata o vindeiro día 14 a través da web www.proyectolibera.org.
A directora xeral de Calidade Ambiental salientou igualmente outra iniciativa posta en marcha por SEO/BirdLife, Ciencia Libera, cuxo obxectivo é o impacto da basuraleza en Áreas Importantes para a Conservación das Aves e a Biodiversidade (AI). En Galicia, as seleccionáronse seis áreas (Illas Cíes, Costa da Morte Norte, Ría do Eo-Praia de Baraio-Ría de Foz, A Limia, Serra dos Ancares e Serra da Cabrera), por ser uns hábitats máis representativos. Grazas a esta iniciativa tómanse mostras de auga, chan e feces de animais silvestres… para identificar e cuantificar a presenza de produtos contaminantes provocados polo abandono de residuos e analizar o seu impacto no medio natural. As mostras son analizadas por investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?