Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O profesor Ignacio Armesto, recoñecido pola Sociedade Internacional de Automatización
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O profesor Ignacio Armesto, recoñecido pola Sociedade Internacional de Automatización

Redacción
Publicado: 07/06/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

armesto_premiado_isa1.jpgO profesor da Escola de Enxeñería Industrial José Ignacio Armesto, coordinador do Máster de Mecatrónica e principal impulsor das históricas e prestixiosas Xornadas de Automatización Industrial (JAI) que se celebran cada ano na dita escola, recibiu este xoves en Madrid o premio anual ISA-Sección Española ao mellor profesional. A dita entidade ISA (The International Society of Automation), a máis sobranceira a nivel internacional do ámbito das industrias intelixentes, quixo salientar con este recoñecemento o importante traballo despregado por Armesto ao longo da súa carreira, e máis o apoio brindado á asociación, así como a súa adicación ao comité executivo de ISA España.
Segundo fixo saber o profesor da UVigo, “a nivel persoal recibir este premio supón para min un gran orgullo, pero teño que aclarar que este recoñecemento é sobre todo un premio á actividade que realizamos no grupo de investigación ao que pertenzo no Departamento de Enxeñaría de Sistemas e Automática, na Escola de Enxeñería Industrial e, por suposto, na Universidade de Vigo”, explicou. Armesto recibiu o premio da man do presidente de ISA Internacional Paul Gruhn nunha cerimonia celebrada en Madrid ao abeiro da conferencia anual de ISA España.
Segundo recorda a Universidade de Vigo, a relación entre o impulsor das JAI, especialista en enxeñaría de sistemas no contexto da automatización industrial, e ISA España remóntase a hai preto de 15 anos coa celebración en 2004 da primeira edición das devanditas xornadas, que comezaban a súa andaina cun conxunto de conferencias ofrecidas por diversos representantes do sector da automatización industrial. “Na edición 2004 das xornadas tiven a ocasión de coñecer a varios membros do comité de ISA Spain e, desde entón, colaboramos de forma continuada”, apunta Armesto, quen tamén recalca que ao longo destes anos se levan organizado diversas reunións técnicas na Escola de Enxeñería Industrial e, a nivel persoal, ten asistido e participado en diferentes mesas redondas da súa conferencia anual e xornadas técnicas ao longo de toda España. Ademais, desde hai un par de anos a Universidade de Vigo conta cunha sección de estudantes de ISA da que Armesto é profesor advisor.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?