Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os centros de ensino públicos galegos poderán acceder de balde a Office 365
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os centros de ensino públicos galegos poderán acceder de balde a Office 365

Redacción
Publicado: 10/06/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20190610_mar_pereira_01.jpgTodos os centros educativos públicos de Galicia terán acceso o vindeiro curso de forma gratuíta á plataforma Office 365 de Microsoft, que inclúe a ferramenta de colaboración Microsoft Teams, beneficiando a máis de 280.000 alumnos e máis de 28.000 docentes que poderán acceder a esta plataforma en galego e español, grazas a un acordo entre a Xunta e Microsoft. Esta plataforma educativa na nube proporciona unha contorna de aprendizaxe segura e innovadora e dota aos alumnos de habilidades dixitais, como a colaboración, creatividade e o pensamento computacional, claves para facer fronte aos requirimentos laborais propios da era dixital.
O acordo de colaboración foi rubricado esta mañá en Santiago, pola conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar; a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira; e a presidenta de Microsoft España, Pilar López.
A Xunta e Microsoft tamén colaborarán para completar a formación nos ciclos de Formación Profesional da familia de Informática e Comunicacións, poñendo ao dispor dos 27 centros públicos nos que se imparten estes ciclos, plataformas e ferramentas de Microsoft que permitirán a máis de 3.000 alumnos traballar con programas e aplicacións presentes no mercado e demandados no sector profesional
Adicionalmente, como medida de acompañamento, os máis de 360 profesores destes ciclos de FP recibirán formación especializada, impartida por profesionais de Microsoft en colaboración con partners do ecosistema dixital galego.

Incrementar as competencias dixitais

20190610_mar_pereira_03.jpgDurante a súa intervención Carmen Pomar sinalou que un dos eixos do modelo educativo galego é a integración real das TIC no ensino asegurando que «o noso alumnado é nativo dixital e temos a responsabilidade de implantar un ensino tecnolóxico que combine os equipamentos coa adquisición de competencias científicas». Neste sentido lembrou que o seu departamento está a desenvolver a Estratexia STEM para fomentar entre o alumnado galego as competencias en ciencias, tecnoloxía e matemáticas, ao tempo que se procura romper a fenda de xénero nestas vocacións.
En relación ao acordo asinado hoxe, Pomar indicou que vai estimular o desenvolvemento de actividades nas escolas relacionadas coas TIC, ao tempo que se promoven actuacións de formación dos docentes, «posto que eles son o piar básico da comunidade educativa e deles depende o aproveitamento eficaz de todas estas novas ferramentas», engadindo que «estamos a facer unha aposta seria pola educación, para fomentar un factor chave no seu éxito colectivo, o capital humano, conscientes de que unha sociedade formada e informada promove o progreso dun país».
Pola súa banda Mar Pereira afirmou que este acordo «permítenos ampliar o abano de ferramentas ofimáticas coas que traballan os alumnos dos centros públicos galegos e as aulas Abalar, nas que a actividade educativa se desenvolve con ofimática e sistemas operativos de código aberto e súmase ás medias para consolidar unha educación integramente dixital».
Pilar López, presidenta de Microsoft Ibérica sinalou que «este acordo é un magnífico exemplo da importancia de expor esquemas de colaboración público-privados co obxectivo de preparar e capacitar aos estudantes e docentes coas competencias que require a nova Sociedade Dixital».
O acordo asinado esta mañá súmase as medidas da Xunta para consolidar unha educación integramente dixital, que facilite ao alumnado a adquisición das competencias dixitais que require o contexto actual.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?