Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Fotolingua, o certame para visualizar os usos comerciais do galego, xa ten gañadores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Fotolingua, o certame para visualizar os usos comerciais do galego, xa ten gañadores

Redacción
Publicado: 11/06/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fotolingua_sondanza_ganadora_imaxe.jpgXa hai gañadoras e gañadores da cuarta edición do certame de fotografía a prol do galego que lanzou o Concello de Santiago, o certame Fotolingua. Segundo fai saber o Goberno local en funcións, o concurso pechouse con 441 imaxes asociadas ao cancelo #fotolingua, todas elas co nexo común de mostrar diferentes xeitos de facer mercadotecnia comercial a través do galego. Destas imaxes, a que recibiu máis gústame do público, 180, foi a realizada por Raquel Pombar na escola Sondanza.
Pola súa banda, a organización do certame decidiu premiar a Xaime Varela Siero “polo conxunto de imaxes que publicou no que reflicte a riqueza e variedade de establecementos que usan o galego en Compostela”.
Este ano, foron un total de 229 imaxes únicas as que se subiron ás dúas redes empregadas no certame, Facebook e Instagram, e que cumprían todos os requirimentos das bases do concurso. A maiores, publicáronse outras 12 que non puideron optar a premio porque incumprían as bases.
Segundo explica o Concello, a consolidación definitiva do concurso, ao abeiro desta cuarta edición, deixouse notar non só na cifra de participantes, senón tamén no incremento de seareiros e seareiras na súa páxina de Facebook, que sumou 334 este ano ata chegar a 1.400 persoas. Ademais, o número de impresións nas redes achegouse ás 12.300.
Imaxes premiadas
A imaxe que conseguiu máis votos positivos dos usuarios das redes sociais foi, como dixemos, a compartida por Raquel Pombar, que fotografou unha parte do alumnado da escola Sondanza diante do centro, no barrio de Conxo. A segunda posición foi para Manolo Villaverde, por unha imaxe do restaurante Antollos, da rúa das Orfas, subida a Facebook; e o terceira imaxe máis valorada polo público foi a subida a Instagram pola usuaria @arancharf no Restaurante Rúa.
Pola súa banda, a organización de Fotolingua acordou premiar a Xaime Varela Siero, “polo conxunto de imaxes que publicou de diferentes establecementos que usan o galego en Santiago”, e tamén “por ter participado no concurso dende a súa primeira edición”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?