Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Axenda Dixital de Galicia mobilizou máis de 900 millóns de euros dende 2015
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Axenda Dixital de Galicia mobilizou máis de 900 millóns de euros dende 2015

Redacción
Publicado: 12/06/2019
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

20190612_mar_pereira.jpgO pleno anual do OSIMGA celebrouse esta mañá en Santiago, presidido pola directora da AMTEGA, Mar Pereira, que deu conta das medidas desenvolvidas durante os catro anos de desenvolvemento da Axenda Dixital de Galicia 2020 (ADG2020), impulsada desde este departamento autonómico. Ademais, informou do Plan de Traballo do OSIMGA para 2019 e fixo balance da situación da Sociedade da Información en Galicia, baseado nos últimos datos do Observatorio.
Desde 2015, a ADG2020 mobilizou máis de 900 millóns de euros, dos que máis de 260 se corresponden con capital privado. O sector tecnolóxico ten un papel chave na implantación destas actuacións. En Galicia, as empresas do Hipersector TIC con máis de 23.300 empregados e 3.474 empresas, rexistraron un crecemento sostido desde o ano 2013 de case un 10%.

Contidos
  • Catro anos de Axenda Dixital 2020
  • Elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030
  • Nova liñas de estudo relativa aos egresados STEM

Catro anos de Axenda Dixital 2020

A directora da AMTEGA destacou as actuacións para mellorar a conectividade do tecido e os despregamentos para a extensión de redes en núcleos de menos de 300 habitantes. En 2018 aprobouse o Plan Galicia 5G que permitirá a realización de 9 pilotos con esta tecnoloxía na Comunidade, aos que se sumarán outros 9 grazas a unha convocatoria estatal
En canto ao proceso de dixitalización da Administración destacou que as xestións online a través da sede electrónica da Xunta incrementáronse un 90% en 2018 e a tramitación telemática supera a presencial.
No ámbito o ensino integramente dixital en Galicia beneficia a 18.000 alumnos. Ao mesmo tempo promovéronse os coñecementos STEM iniciándose o STEMbach de xeito experimental en 14 centros no curso 2018/19. Ademais, no marco do Plan de Inclusión Dixital impulsáronse novas iniciativas coa a colaboración de máis de 820 Aliad@s Dixitais, conseguindo achegar a tecnoloxía a máis de 81.800 galegos a través da Rede de Aulas públicas CeMIT
Con respecto aos sectores estratéxicos da economía galega, afondouse no desenvolvemento de iniciativas tecnolóxicas para posicionar Galicia como destino turístico intelixente, e avanzouse na dixitalización e difusión do patrimonio cultural ao abeiro da Memoria Dixital de Galicia. Por outra banda, apostouse pola transformación dixital do sector primario co Programa Primare, que ten en marcha tres proxectos de CPTi para automatizar as inspeccións no marco das axudas da PAC e, no sector do mar, abordouse a dixitalización de tres lonxas.
En canto ao sector TIC no 2018, púxose en marcha o plan DICO Mindset para impulsar os contidos dixitais en Galicia, destacando o lanzamento do proceso de consultas ao mercado para incorporar novos servizos interactivos na oferta da CRTVG e a 1ª convocatoria da aceleradora de contidos dixitais StartupsR_Dico Challenge, en colaboración co operador R.
Este curso activouse o catálogo de actuacións do Plan DigiTalent para achegar as tendencias tecnolóxicas aos máis novos e reforzar o atractivo vocacional das profesións dixitais, con talleres lúdico-formativos, sesións de mentorado, campamentos tecnolóxicos ou accións informativas e orientativas.

Elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030

A Axenda Dixital de Galicia 2020 está a conformar un marco sólido para articular un modelo de crecemento vinculado á economía dixital e que agora debe ser completado por unha estratexia para reaccionar de xeito áxil e sostible ante os grandes cambios que abisma a transformación dixital.
Neste contexto, vén de lanzarse o proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030 da que serán participes a cidadanía, as empresas e as administracións, co obxectivo de contribuír ao aumento da calidade de vida e ao desenvolvemento sostible nas súas tres vertentes: económica, social e medioambiental.

Nova liñas de estudo relativa aos egresados STEM

No Pleno do OSIMGA tamén se presentaron as principais novidades do Plan de Traballo do Observatorio como a elaboración dun novo estudo sobre a traxectoria profesional dos egresados STEM nas tres universidades galegas para poder avaliar a adecuación da formación á demanda laboral e ás expectativas profesionais dos mozos galegos.
Este estudo encádrase na crecente demanda de perfís especializados, por parte do sector TIC galego, e permitirá analizar a adaptación, xeración, retención e atracción de talento dixital para cubrir as demandas do mercado; adiantándose ás necesidades de formación de novos perfís dixitais
Ademais, neste 2019 ampliarase a información relativa a fogares e familias, o que permitirá obter informes complementarios sobre as redes sociais e aplicacións móbiles que utiliza a poboación galega.
No ámbito das empresas TIC iniciarase unha nova liña de traballo, engadindo novos indicadores como o uso de impresión 3D e robótica, Ciberseguridade e novas tecnoloxías de transacción económica a través de Internet (blockchain).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?