Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: PuntoGal e Voltier Electronics patrocinarán á Selección Galega de Fútbol Gaélico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

PuntoGal e Voltier Electronics patrocinarán á Selección Galega de Fútbol Gaélico

Redacción
Publicado: 12/06/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

futbol_gaelico_puntogal_01.jpgAs oficinas da delegación santiaguesa da Federación Galega de Fútbol (FGF), situadas no estadio municipal Vero Boquete de San Lázaro, acolleron este mediodía o acto de sinatura do acordo polo que a empresa galega Voltier Electronics e a Asociación PuntoGal se converten nas entidades patrocinadoras principais da Selección Galega de Fútbol Gaélico para os vindeiros 2 anos. Na sinatura do convenio participaron o presidente da Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG), Ángel Negrete, mentres que en representación de PuntoGal estiveron presentes o seu presidente, Manuel González, e o seu director xeral, Darío Janeiro, e por parte de Voltier Electronics Iván Souto e Luis Rama, socios fundadores.
Negrete destacou en nome do gaélico galego a transcendencia deste convenio de patrocinio «que, grazas ao compromiso de dúas firmas galegas punteiras nos seus sectores nos permitirá seguir crecendo como referencia do fútbol gaélico a nivel internacional a través da Selección Galega». Deste xeito, expresou o seu recoñecemento e agradecemento tanto a PuntoGal como a Voltier Electronics e fixo fincapé na relevancia deste acordo de colaboración «que é para nós fundamental, pois cobre a participación da Selección no mundial deste verán e no europeo do ano que vén para o que, ademais, estamos traballando na candidatura de Galicia como sede» engadindo que «as achegas de entidades empresariais unidas a outro tipo de iniciativas que vimos levando a cabo para conseguir fondos son imprescindibles para poder afrontar a participación das Seleccións en torneos internacionais, tendo en conta que somos totalmente amateurs e que xogadore, corpo técnico e outros membros da AGFG debemos realizar importantes sacrificios persoais e incluso económicos para competir».
futbol_gaelico_puntogal_02.jpgO presidente de PuntoGal, Manuel González, sinalou no acto de presentación que «o dominio .gal é unha etiqueta que nos identifica aos galegos en todo o mundo, e que a posta de relevo dos signos de identidade de Galicia son unha prioridade para a Asociación PuntoGal» e «por iso apoia iniciativas que contribúen a reforzar as nosas características diferenciais, como é o fútbol gaélico». Dario Janeiro, director xeral de PuntoGal sinalou que «PuntoGal, como asociación sen ánimo de lucro, inviste todos os seus beneficios na promoción da lingua, cultura, deporte e tecnoloxía galegos e na visibilidade de Galicia no ciberespazo» engadindo que a asociación «leva traballando os últimos meses no establecemento dun programa corporativo de colaboración e apoio a entidades vinculadas á lingua, a cultura, a sociedade ou á tecnoloxía en Galicia», como o traballo realizado de localización do navegador Firefox ao galego, a organización do exitoso certame de microrrelatos coa Real Academia Galega, o apadriñamento do festival de Cans ou o apoio a eventos como a First Lego League, o Día Internacional das Rapazas nas TIC, a Noite Galega das Telecomunicacións ou Coruña Hacks. Janeiro concluíu que o crecemento no número de dominios rexistrados irá posibilitando, pouco a pouco, máis accións deste tipo que, na súa opinión «constitúen unha das razóns de ser de PuntoGal».

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?