Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Zona Franca impulsa dende Galicia o certame europeo de navegación por satélite
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Zona Franca impulsa dende Galicia o certame europeo de navegación por satélite

Redacción
Publicado: 14/06/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

galileo-masters.jpgA Zona Franca de Vigo é o socio galego (por quinto ano consecutivo e en colaboración coa UVigo e a Fundación CINAE) do Concurso Europeo de Navegación por Satélite (Galileo Masters). Segundo informa a entidade viguesa, ata o vindeiro 31 de xullo as ideas para o desenvolvemento de aplicacións que queiran optar a converterse nunha realidade empresarial co apoio da Axencia Espacial Europea poden aínda inscribirse no certame.
Este ano os premios sumarán máis dun millón de euros. Ademais, os galardóns inclúen acceso a incubadoras de empresas, formación para emprendedores, consultoría de patentes, apoio á realización de estudos de mercado, respaldo técnico, apoio á comercialización e acceso a expertos e financiamento público, entre outros.
Segundo explica o delegado da Zona Franca, David Regades, a entidade viguesa dotará ao gañador de Galicia cun ano de incubación nun dos seus viveiros, o que inclúe a asistencia no desenvolvemento do produto, acceso a expertos, consultoría, avaliación e formación e orientación económica, “porque queremos que para converter a súa idea en negocio dispoña de todos os mellores servizos”, explicou. Así mesmo, a Zona Franca sufragará os gastos de viaxe e aloxamento do gañador para que poida asistir á cerimonia internacional de entrega de premio, cuxo lugar e data están aínda por determinar.
Este concurso, promovido pola Axencia Europea GNSS, a Axencia Espacial Europea, o Centro Aeroespacial Alemán e o Ministerio Federal Alemán de Transporte e Infraestruturas Dixitais, é un certame internacional de innovación que premia as mellores ideas no desenvolvemento de aplicacións orientadas ao mercado e baseadas en tecnoloxías de navegación por satélite. A Zona Franca lembra que desde o seu inicio en 2004 a ESNC medrou ata converterse nunha rede mundial de innovación e coñecemento con 18 rexións asociadas e máis de 200 expertos industriais e científicos de todo o mundo.
A novidade da edición de 2019 é un reto no cal se buscan solucións por medio de datos procedentes da observación terrestre combinados con datos xeorreferenciados Galileo/EGNOS.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?