Até setenta rapazas e rapaces de entre os 6 e os 19 anos participaron este sábado na edición galega da World Robot Olympiad, competición mundial de robótica educativa que se celebra cada ano e que con cada nova convocatoria xira arredor dunha temática particular. A actividade, que veu da man da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e Arkitas Robótica, tivo como fío argumental básico as Cidades Intelixentes e os seus principais desafíos.
Os participantes construíron en tempo récord un robot innovador para cada modalidade. As categorías da WRO Galicia foron Regular (WeDo, Elementary e Junior High) e Football. Na xornada houbo 70 rapaces agrupados en equipos participando en Regular e Football.
A proba deste sábado enmarcouse nas iniciativas do Plan DigiTalent para o fomento das vocacións TIC e a especialización dos perfís dixitais. A participación na proba deste sábado é clasificatoria para a fase nacional e a final internacional. A fase estatal, organizada pola Fundación educaBOT, celebrarase en setembro en Platja d’Aro (Girona). Logo desenvolverase a final internacional, o mes de novembro en Hungría. Na edición anterior, tres alumnos do colexio Compañía de María da Coruña xunto cun profesor participaron co seu robot na fase internacional, celebrada en Tailandia.
70 escolares participaron este sábado na edición galega da World Robot Olympiad
Compartir Este Artigo

