Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dous estudantes da UVigo premiados pola comunidade estatal de enxeñeiros de Telecomunicación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dous estudantes da UVigo premiados pola comunidade estatal de enxeñeiros de Telecomunicación

Redacción
Publicado: 17/06/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

premios_coit_madrid.jpgO Colexio Oficial e a Asociación Española de Enxeñeiros de Telecomunicación (entidades profesionais estatais) veñen de recoñecer a traxectoria e contribucións de dous estudantes da Universidade de Vigo, Vlad Darau e Pablo Fondo, investigadores de AtlantTIC (UVigo). Darau e Fondo recibiron cadanseus galardóns en Madrid o pasado 14 de xuño.
Pablo recibiu o Premio Huawei á mellor traxectoria académica polos éxitos acadados durante os seus estudos de grao e mestrado. Vlad Darau, pola súa parte, foi distinguido co Premio Airbus Secure Land Communications ao mellor traballo fin de mestado en comunicacións seguras e ciberseguridade (pola súa investigación Temporal localization of videos based on massive ENF processing).
Os galardóns veñen da man de dúas entidades estatais: o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación (COIT) e a Asociación Española de Enxeñeiros de Telecomunicación (AEIT). Fondo é estudante do programa de Doutoramento en Tecnoloxías da Información e Comunicacións e Darau, ex alumno da EE de Telecomunicación e membro actual do Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia. “É un orgullo para min ser galardoado con este premio que recoñece o esforzo realizado durante toda a carreira”, comentou o estudante, a quen o seu director de tese, Felipe Gil, animou a presentarse ao galardón do COIT-AEIT. O estudante da UVigo percibirá polo Premio Huawei á mellor traxectoria académica 1.000 euros e un ano de subscrición ao COIT e a AEIT.
Pola súa banda, Vlad Dragos Darau considera que a dita distinción “é unha excelente oportunidade para coñecer máis de preto, tanto o conxunto de empresas Airbus, unha marca de referencia para a UE no mundo, á vez que podería supoñer novas portas abertas a oportunidades no sector da enxeñaría aeroespacial, no que estou a traballar desde este ano”.
Darau, que chegou á UVigo no último ano de carreira como estudante de intercambio Erasmus + desde a Universitatea Politehnica de Timisoara (Romanía), incide en que no seu traballo de investigación, desenvolvido en AtlantTIC, contou coas achegas dos seus compañeiros do grupo GPSC, polo que “o premio é o resultado dun traballo en grupo moi ben feito, e polo tanto, o premio é mérito de todos os que contribuíron a el e que merecen os créditos”, asegura.
O seu traballo fin de mestrado, dirixido polo catedrático Fernando Pérez, estuda a localización temporal dunha gravación de vídeo: o momento no que se produciu a gravación, coa axuda do pestanexo da luz artificial. O investigador percibirá 1000 euros e un diploma como galardón.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?