
O presidente entrante, que asume o nomeamento con “enorme ilusión e responsabilidade”, anunciou que afrontará como primeiras actuacións a “aposta clara pola visibilidade” da profesión que representa en España o CONCITI, “unha profesión clave no actual escenario de transformación dixital do tecido empresarial e industrial do país”. Amais, a súa responsabilidade á fronte do consello xeral dará comezo con medidas para garantir a defensa dos intereses dos titulados en Enxeñaría Informática e “mitigar a fenda de xénero”.
A xunta de goberno complétana Miquel Conesa e José Velasco como vicepresidentes, Enrique Ibáñez como secretario, Laura Urbieta como vicesecretaria e Waldo Castillo como tesoureiro.
O Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñaría Técnica en Informática (CONCITI) é o órgano reitor de todos os Colexios de Enxeñaría Técnica en Informática e Graduados en Enxeñaría Informática de España, incluído o devandito CPETIG.
Eduardo Peris naceu o 17 de setembro de 1977 en Zaragoza. É enxeñeiro en Informática, Máster Oficial Universitario en Xestión Estratéxica da Información e o Coñecemento e Máster Oficial Universitario en Liderado e Xestión Pública. Amais, é doutorando na área de Ciencias e Tecnoloxías da Computación para Smart Cities, docente, perito informático forense, mediador, socio dunha consultoría e director da súa área dixital. Lembrar tamén que é o decano do Colexio Profesional de Enxeñeiros Técnicos en Informática de Aragón.
Eduardo Peris substitúe ao galego Marcos Mata á fronte do CONCITI
Compartir Este Artigo

