Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 30 estudantes fórmanse en robótica educativa en Pontevedra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

30 estudantes fórmanse en robótica educativa en Pontevedra

Redacción
Publicado: 19/06/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_robotica_ciencias.jpgAté 30 estudantes están a participar estas semanas nun curso de robótica educativa en Pontevedra. A actividade, que se celebra na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte (Campus de Pontevedra), lévase a cabo baixo un epígrafe que fala por si só dos seus obxectivos e da relevancia dos contidos tratados: Ensinar ciencias con programación e encerado dixital interactivo. Un achegamento ao pensamento computacional. A tecnoloxía creativa que centra boa parte do curso serve para atopar retos científicos a problemas concretos. Por exemplo a contaminación dos océanos, a sobreexplotación dos recursos pesqueiros, a deforestación ou como substituír as enerxías contaminantes polas limpas e sustentables.
Inserido na programación de cursos de verán da Vicerreitoría do Campus, o curso diríxese a mostrar o mellor xeito de integrar as TIC nas clases de ciencia de maneira transversal, como explica María Lorenzo. Xunto á profesora María Álvarez Lires, Lorenzo é a responsable de impartir este obradoiro dirixido polo profesor Uxío Pérez ao que asisten estudantes dos graos de Educación Infantil e Educación Primaria e que busca pór de relevo que “a tecnoloxía é un aspecto transversal, que está presente nas nosas vidas e que tamén pode estalo no ámbito educativo”.
Con ese obxectivo, 28 alumnas e dous alumnos estanse a capacitar en programación, no manexo de diferentes recursos de robótica educativa como Lego We-Do ou os robots Sphero SRPR e Mouse e no uso do software do encerado dixital para o deseño de actividades.
Ao igual que nas últimas edicións deste curso, as e os participantes traballan en grupos na elaboración dunhas maquetas que integren os contidos que foron realizando na aula e que nesta ocasión “teñen como novidade que todas están ligadas a algúns dos obxectivos da Axenda 2030”, a iniciativa de fomento do desenvolvemento sustentable impulsada pola ONU. Desta maneira, entre os proxectos nos que traballan figuran maquetas que abordan a contaminación que supón a presenza de plásticos nos océanos ou as contribucións das mulleres á sustentabilidade do mar exemplificadas en mariscadoras e redeiras.
O curso complétase cun blog no que os diferentes grupos relatan o seu proceso de traballo nas diferentes sesións. “Cada grupo leva o nome dunha muller sobranceira relacionada coa ciencia e a tecnoloxía, da que contan á súa historia ao mesmo tempo que van presentando o que fixeron”, explica Lorenzo dunha proposta que pon en valor as figuras de Ada Lovelace, Hedy Lamarr, Edith Clarke, Ángela Ruiz Robles e Amalie Emmy Noether.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?