Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Aprobado un catálogo de solucións que faciliten a extensión de fibra óptica nos cascos históricos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Aprobado un catálogo de solucións que faciliten a extensión de fibra óptica nos cascos históricos

Redacción
Publicado: 20/06/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

As actuacións de subministro de equipamentos levadas a cabo en Santiago serviron de modelo nos traballos
As actuacións de subministro de equipamentos levadas a cabo en Santiago serviron de modelo nos traballos
O Consello do Goberno galego vén de aprobar un catálogo de solucións para facilitar a chegada da Internet avanzada ás zonas históricas das nosas cidades e vilas. A Guía de boas prácticas para actuacións de tendido da rede de Fibra Óptica en contornas urbanas de especial protección e Conxuntos Históricos de Galicia brinda un completo conxunto de solucións técnicas para o despregue de tecnoloxía FTTH nestes zonas. Segundo informou a Xunta, o documento é o punto de partida para “responder” á falta dun procedemento estandarizado para o fornecemento de fibra nas áreas urbanas antigas. Compleméntase con medidas xurídicas e administrativas para facilitar os aportes de infraestrutura.
O catálogo, elaborado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), o operador público RETEGAL e a Dirección Xeral de Patrimonio, compendia e resume alternativas de equipamento tecnolóxico “viables e compatibles” coa conservación destes espazos, como o trazado por cornixas coa colocación estratéxica das caixas de conexións soterradas ou en interiores ou, tamén, o soterramento da solución completa ou o despregue da fibra óptica a través das redes de saneamento. Para a elaboración desta catálogo partiuse do caso concreto de Santiago de Compostela e en colaboración co Concello e cun equipo multidisciplinar, integrado por arquitectos, enxeñeiros de Telecomunicación e técnicos proxectistas especializados en subministro de fibra óptica elaboráronse unha serie de propostas que se poidan extrapolar a outros conxuntos históricos.
A guía inclúe planos, deseños técnicos e especificacións concretas na que se detallan todos os parámetros arquitectónicos necesarios así como especificacións técnicas das obras e despregues de fibra.
Xunto coa elaboración e publicación do catálogo, a Xunta busca acadar o marco xurídico-administrativo que facilite o equipamento de tecnoloxías de telecomunicación avanzadas nos cascos históricos. Neste punto, o Goberno autonómico lembra que a propia Lei de rehabilitación, rexeneración e renovación urbana de Galicia xa permite a aprobación de solucións compatibles coa extensión de servizos nos conxuntos históricos nos que se determinarán o alcance, características e ámbito destas solucións e actuacións vencelladas á extensión de redes de servizos. Ao fío do devandito, o Goberno galego informa de que se está a traballar (conxuntamente coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural) no desenvolvemento normativo que “garanta a simplificación administrativa dos trámites necesarios para aprobar os proxectos de despregue”. Ademais, solicitarase ao Executivo estatal a clasificación dos centros históricos como “zonas brancas” de maneira que poidan concorrer ás axudas estatais de fornecemento de fibra.
En palabras de AMTEGA, “a falta dunha solución estandarizada para o despregue de infraestruturas de telecomunicación en conxuntos históricos estase a converter nunha problemática cada vez máis limitante para a dinamización tanto comercial como de habitabilidade destas zonas”. Por iso, tamén se traballará nun catálogo de solucións técnicas compatibles coa protección do patrimonio e o medio ambiente para a tecnoloxía 5G.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?