Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 500 axentes económicos participarán nos primeiros fotos de debate da Estratexia Dixital 2030
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 500 axentes económicos participarán nos primeiros fotos de debate da Estratexia Dixital 2030

Redacción
Publicado: 24/06/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

traballo_dixital-2.jpgSegue no seu avance a elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030, un plan que marcará o paso a seguir da nosa terra os vindeiros anos en materia de dixitalización e que quere ser un punto de apoio básico para afrontar os desafíos das nosas entidades, empresas e colectivos no camiño da transformación. Este “avance” da Estratexia materializarase na primeira semana de xullo coa celebración duns foros de debate profesional aos que están convocados axentes sociais e económicos da Comunidade. Estas xornadas, organizadas pola AMTEGA en colaboración cos diferentes departamentos da Xunta e as tres universidades galegas, constitúen, en palabras da axencia, “o primeiro dos fitos previstos na elaboración da Estratexia”.
En total, celebraranse catro sesións de traballo que congregarán aos axentes implicados en procesos de transformación dixital en distintos ámbitos de actuación, contando coa participación de representantes das principais empresas da Comunidade, do hipersector TIC, das institucións públicas e da sociedade civil.
AMTEGA tamén lembra que se trata dos primeiros encontros previstos ao abeiro do proceso participativo no que se mergulla a Estratexia, un labor colectivo no que se contará tamén coas achegas da cidadanía a través do portal da axencia autonómica (https://amtega.xunta.gal/edg2030-participa), así como dun comité de expertos que trasladen a súas expectativas, visións e preocupacións en torno a retos definidos previamente coas diferentes consellerías. O obxectivo final é “dispoñer dunha folla de ruta para abordar os retos derivados da transformación dixital”.
Workshops arredor de catro temas
Máis de 500 profesionais de diferentes ámbitos, artellados nunha ducia de grupos de traballo, abordarán nestas sesións as liñas de actuación arredor das catro áreas temáticas. Así, no encontro Territorio Verde e Conectado, afondaranse nas medidas en torno á conectividade, as infraestruturas intelixentes e o sector primario. Baixo o epígrafe Vida Dixital e Intelixente debaterase en torno a saúde e o benestar, a cultura e a educación dixital de cara a vindeira década. No foro sobre Economía Aberta analizaranse as necesidades do mundo laboral cambiante e a economía verde dixital. Para rematar, a xornada sobre Especialización Tecnolóxica centrarase nas novas tendencias tecnolóxicas o talento dixital e o emprendemento.
A Estratexia Dixital de Galicia 2030 quere contribuír a un desenvolvemento sustentable da Comunidade tanto a nivel económico, como social e medioambiental. Esta nova folla de ruta para a vindeira década enmárcase na políticas europeas para incrementar o despregue de tecnoloxías dixitais clave a gran escala e promover a súa adopción para que os beneficios da transformación cheguen a todo o mundo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?