Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Obradoiro acolleu a presentación da primeira serie transmedia sobre o Camiño
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Obradoiro acolleu a presentación da primeira serie transmedia sobre o Camiño

Redacción
Publicado: 25/06/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ficcion_producions_camino.jpgA praza do Obradoiro acolleu hoxe a presentación da nova (e innovadora) contribución audiovisual do selo galego Ficción. Trátase de 3Camiños, que sería, en palabras dos seus creadores, “a primeira serie de TV internacional e transmedia sobre o Camiño de Santiago”. Na cita participaron o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e os produtores executivos de Ficción e autores da idea orixinal, Mamen Quintas e Julio Casal. Segundo fixeron saber, trátase dunha historia que reflicte as experiencias compartidas no tempo por cinco mozos peregrinos doutros tantos países. Conta cunha achega de máis de 1,5 millóns de euros por parte da Xunta.
Na presentación, celebrada na terraza do Hotel dos Reis Católicos, tamén participaron o realizador galego Norberto López Amado (quen co-dirixirá a serie xunto ao alemán Gregor Schnitzler) e os representantes dos dous socios internacionais cos que xa conta o proxecto: Ricardo Carbonero, xefe de adquisición de contidos de Amazon Prime Vídeo en España, e Christian Gockel, vicepresidente executivo de vendas e adquisicións internacionais do grupo alemán Beta Films, segundo fixeron saber dende Ficción e a Consellería “un dos máis importantes en distribución e produción a nivel europeo”.
Como explicou Román Rodríguez, ademais de Amazon Prime Vídeo e Beta Films, 3Camiños conta con co-produtores internacionais en Italia, Corea do Sur, México e Chile, países nos que está garantida a emisión desta serie a partir da súa estrea a finais de 2020. O titular de Cultura salientou o papel de embaixadora que ostentará a serie: “Será unha inmellorable plataforma de expansión para o talento galego, coa implicación de medio cento de profesionais do noso sector audiovisual, entre os que figuran, por exemplo, Manu Riveiro e Iván Ferreiro na banda sonora”. Tamén informou de que se vai rodar en seis idiomas (galego, español, inglés, francés, alemán e coreano) e en cinco países de tres continentes.
A gravación dará comezo en novembro deste ano e estenderase durante oito meses, trasladándose tamén aos países de orixe dos protagonistas: ademais de España, Alemaña, Corea do Sur, Francia e México. A serie 3Camiños contará cunha gran campaña transmedia, elaborada especificamente por Fluor Lifestyle, recoñecida en 2018 como Mellor Axencia Independente de Innovación de España no Festival Iberoamericano de Creatividade e Estratexia. A súa implicación neste proxecto sumará esforzos na proxección exterior da imaxe de Galicia, o Camiño de Santiago e o Xacobeo 21.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?