Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O talento na era 4.0 centrou unha xornada en Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O talento na era 4.0 centrou unha xornada en Santiago

Redacción
Publicado: 25/06/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xornada_4.0_2.jpgO pasado 21 de xuño celebrouse en Santiago unha xornada de debate sobre as tecnoloxías intelixentes. A cita veu da man do Instituto Galego do Talento (IGATA) e contou coa presenza dalgunhas das nosas empresas máis representativas e referenciais en materia de transformación tecnolóxica.
A xuntanza, que se desenvolveu baixo o epígrafe O Talento na era 4.0, buscou reunir talentos galegos “coas mesmas inquietudes”, segundo explicou ao comezo da xornada o responsable do proxecto IGATA, Ángel Fraga. O evento comezou cunha charla do responsable de produto en Amazon España, Francisco Servia, quen realizou un percorrido polas tecnoloxías desde os inicios de Internet ata a nosa convivencia (nun futuro que xa podemos tocar coas mans) coas máquinas. Segundo fixo saber Servia, “cómpre adaptarnos á época na que nos tocou vivir, existen máquinas que nos superan en diferentes áreas, pero é necesario cambiar o vello argumento de que aquí as cousas sempre se fixeron así, deixando de lado o noso egocentrismo, para que a convivencia sexa posible”.
A seguinte en tomar a palabra foi a responsable de Mercadotecnia e Comunicación en Casa Grande de Xanceda, Jessica Rey, quen expuxo o seu punto de vista como profesional do tecido de PEME galego e aproveitou para facer unha proclama a prol de universalizar e estender as mellores condicións de comunicación e conexión a todas as zonas non urbanas (neste senso lembrou que empresas como a Casa Grande de Xanceda están a converterse en referentes empresariais dende o corazón do noso rural).
xornada_4.0.jpgLogo da pausa celebrouse a mesa redonda Oportunidades e retos na xestión do talento, na que participaron o director financeiro de Cafés Candelas, Alejandro Álvarez; o director de Procesos Dixitais e Axilidade Operativa de Abanca, Pablo Mateo; e a presidenta do Círculo de Empresarios de Galicia, Patricia García. Desta volta, foi o público o que tomou a palabra e expuxo aos participantes da mesa redonda as súas inquietudes en canto a formación e orzamentos nas empresas, a atracción de talento e a súa retención nas empresas galegas, as necesidades de potenciar as capacidades dos estudantes desde os colexios, a situación das PEME galegas, etc. Ao abeiro da mesa, a presidenta do Círculo de Empresarios de Galicia, Patricia García, explicou as necesidades de formar equipos e facelos partícipes das decisións da compañía. En canto á atracción do talento, Pablo Mateo recoñeceu que “hoxe en día son as empresas as que teñen que venderse para que os candidatos queiran traballar nelas”. Pola súa banda, Alejandro Álvarez, mostrouse completamente de acordo co público cando este expuxo a necesidade de potenciar o talento desde que somos pequenos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?