Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: DisplayPort 2.0 será compatible con monitores con resoluciones superiores aos 8K
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

DisplayPort 2.0 será compatible con monitores con resoluciones superiores aos 8K

Redacción
Publicado: 26/06/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vesa_displayport_2.0_chart.jpgAs resolucións do vídeo crecentes fan que as tecnoloxías de comunicación entre os equipos e as pantallas teñan que evolucionar a pasos axigantados, e para manter este pulo dende VESA (Video Electronics Standards Association) veñen de anunciar a versión 2.0 do estándar de audio e vídeo DisplayPort, que supón o principal cambio deste estándar dende marzo de 2016 e que suporá ata multiplicar por 3 o largo de banda fronte aos cables DisplayPort 1.4a. Temos así que DisplayPort 2.0 permitirá resolucións máis aló do 8K, velocidades de refresco maiores, HDR, soporte mellorado de realidade aumentada e tamén un mellor funcionamento para varios monitores á vez.
O DisplayPort 2.0 funcionará tanto a través de conectores nativos DisplayPort como a través de conectores USB-C, conservando tamén a compatibilidade con anteriores versións de DisplayPort. Iso si, aínda que o estándar estea xa aprobado non se espera que cheguen ao mercado produtos compatibles ata finais de 2020 (o que non ningún drama, xa que polo momento apenas hai no mercado contido audiovisual en 8K e produtos que poidan reproducilo, polo que a demanda de resolucións superiores aínda é moi reducida.
Con DisplayPort 1.4a podía chegarse a un largo de banda de 32.4 Gbps sumando 4 pistas a 8,1 Gbps, mentres que con DisplayPort 2.0 podemos é posible acadar comunicacións ata a 77,37 Gbps, converténdose non primeiro estándar en soportar resolución 8K (7.680 x 4.320 píxeles) a 60 Hz con resolución de cor 4:4:4 e 30 bits por píxel (para soportar HDR-10).
glenn-carstens-peters-210782.jpgComo exemplos de configuracións de pantalla con DisplayPort 2.0 teríamos unha pantalla de 16K (15.360 x 8.460 píxeles) a 60 Hz e 30 bits por píxel con cor 4.4.4 con HDR, un monitor 10K a 60 Hz con cor de 24 bits e 4.4.4 (sen compresión); tamén poderiamos conectar 2 monitores 8K á vez a 120 Hz e 30 bits por polgada a 4.4.4 HDR ou 2 monitores 4K a 144 Hz e cor de 24 bits por píxel e 4.4.4 (sen compresión); podendo incluso gozarse de 3 monitores 10K a 60 Hz e 30 bits por píxeles e cor 4.4.4 HDR ou 3 monitores 4K a 90 Hz con cor a 30 bits por píxele e cor 4.4.4 HDR (sen compresión).
No caso de aproveitar as dúas pistas dun conector USB-C a través de DisplayPort 2.0 teriamos a posibilidade de conectar 3 monitores 4K a 144 Hz, 30 bits por píxel e cor 4.4.4 HDR, aínda que de contar cun único monitor o máximo configurable sería un monitor 8K a 30 Hz con 30 bits por píxeles e cor 4.4.4 HDR.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?