Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Mar Pereira salienta que aplicación da intelixencia artificial precisará dun enfoque multidisciplinar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Mar Pereira salienta que aplicación da intelixencia artificial precisará dun enfoque multidisciplinar

Redacción
Publicado: 26/06/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mar_pereira_d9_dfnxxyaarprr.jpgA directora da AMTEGA, Mar Pereira participou hoxe en Madrid na Xornada España na Europa da Intelixencia Artificial, organizada por EY e Deusto Bussines School, onde incidiu en que a aplicación da intelixencia artificial a diferentes sectores económicos enfróntase a importantes dilemas éticos e que, como todas as tecnoloxías disruptivas, precisará dun enfoque multidisciplinar para maximizar o seu potencial e configurar a sociedade que realmente queremos, apuntando que é preciso minimizar os seus riscos, polo que a regulación e a educación social serán esenciais.
d90yjzvw4aa9gic.jpgPereira, lembrou que Galicia vén de lanzar o proceso de elaboración da súa Estratexia Dixital 2030, edg2030, na que, xunto coas achegas do sector, terán un papel outros ámbitos como o humanístico e ético, o xurídico ou o económico.
A edg2030 inicia a vindeira semana un proceso aberto e participativo de elaboración en colaboración coas 3 universidades galegas e establece catro vectores de análise: a igualdade dixital, o uso responsable e ético das tecnoloxías dixitais, o reforzo e especialización do ecosistema dixital, e o liderado transformador baseado no uso intelixente da tecnoloxía.
mar_pereira_d9_cen2wwamonhe.jpgA directora da AMTEGA sinalou que esta folla de ruta para a vindeira década pivotará sobre o potencial transformador das tecnoloxías disruptivas, e por iso desde a Administración quérese reforzar as capacidades de Galicia nas novas redes de alta capacidade, na análise intelixente do dato, na intelixencia artificial, ou na ciberseguridade.
A Estratexia Dixital de Galicia 2030 quere contribuír a un desenvolvemento sustentable de Galicia tanto a nivel económico, como social e medioambiental. Esta nova folla de ruta para a vindeira década enmárcase na políticas europeas para incrementar o despregamento de tecnoloxías dixitais clave a gran escala e promover a súa adopción para que os beneficios da transformación dixital cheguen a todo o mundo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?