Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O coworking de Barro alentou a creación de máis de medio cento de empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O coworking de Barro alentou a creación de máis de medio cento de empresas

Redacción
Publicado: 26/06/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

demo-day_1_coworking_barro_2019.jpgO coworking de Barro vén de clausurar a súa terceira edición ratificando a súa aposta integral polo talento da provincia de Pontevedra. No acto, este martes 25, participaron o deputado Carlos López Font, o alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, e o director de aceleración empresarial da Escola de Organización Industrial (EOI), Javier Benito, quen confirmou que a raíz destas tres edicións de traballo innovador e colaborativo creáronse na provincia máis de 50 empresas.
Na xornada DemoDay os 20 proxectos emprendedores que participaron expuxeron ante o público as súas ideas de negocio, nun acto conducido por María Cheda, xornalista de Antena 3 Galicia.
Font asegurou que “este punto final é unha inmensa satisfacción xa que ter chegado a unha terceira edición significa que o coworking de Barro está consolidado” e porque “é un sinónimo de apoio ao emprendemento, á xeración de emprego e ás futuras pequenas e medianas empresas”.
A xornada DemoDay. Emprendendo cara ao Futuro tivo como obxectivo principal dar a coñecer os proxectos participantes na terceira edición do coworking de Barro, froito da colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a EOI. Segundo se fixo saber, dende febreiro e ata hoxe un grupo de 22 emprendedoras e emprendedores (14 mulleres e 8 homes) ocuparon un espazo gratuíto no viveiro local, onde recibiron acompañamento individualizado e 100 horas de accións formativas específicas para garantir o éxito dos seus proxectos.
Durante a xornada, celebrouse unha conferencia a cargo de Sandra Villar, fundadora da empresa Boina galega, que recibiu o ano pasado o premio Emprende Gaiás Sixto-Seco e participou nun coworking tamén impulsado pola EOI en Santiago de Compostela.
Na terceira edición do coworking de Barro impulsáronse sobre todo proxectos relacionados co turismo. Ademais, houbo iniciativas vencelladas á moda, a gastronomía, a fotografía, a comunicación, a psicoloxía ou á actividade física. Presentáronse en dous bloques: Turismo e sustentabilidade e Servizos a PEME e cultura. Os 20 proxectos son: AT Gestión, de Adriana Rodríguez, Rooteiro, de Andrés Rodiño, A Casa da Carballeira, de Beatriz Bergueiro, Pasaporte Rural, de Betty das Neves Gil, Culebra Studio, de Cecilia Paredes, Dedicate Home, de Cristina Iriso, Mundo Escénico, de Daniel Amós, Tribuaventuras, de Diana Nogueira e Eva García, Prixma, de Fernando López, Herbas do Crego, de Fernando Romariz, José Gadea Fotografía, de José Gadea, Márketing con Iris, de Laura Guillén, Habla y Convence, de Lucero Dámaso, A batea do mercado, de María Casas, Xouxere, de María Rodríguez, Lía B, de Olalla Borrego, Materialdefisioterapiaonline, de Pedro Cubela, Xacobleas, de Pilar Alonso, IDIGAL, Santiago Iribarren e, por último, Huella Menguante, de Sonia Magariños.
Esta foi a terceira das catro edicións coas que conta o proxecto, que botou a andar no mes de novembro de 2017.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?