Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Estudantes de Ames gañan a sétima D3Mobile Metrology World League cunha recreación da Estatua da Liberdade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Estudantes de Ames gañan a sétima D3Mobile Metrology World League cunha recreación da Estatua da Liberdade

Redacción
Publicado: 27/06/2019
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

d3mobile19.jpgO equipo Bach1 CPR Alca de Ames (A Coruña) vén de proclamarse vencedor da sétima edición do D3Mobile Metrology World League, o campionato de escaneado 3D de precisión con tableta ou móbil convocado polo grupo de investigación CIGEO da USC (Campus de Lugo) con financiamento da Xunta, a Deputación e o Concello de Lugo e Universia do Banco de Santander. Polo que respecta ao equipo subcampión mundial, resultou ser un grupo de estudantes do Colexio Baden Powell de Atizapán de Zaragoza (México). A edición de 2019 deste certame mundial contou coa participación de 600 estudantes e 150 profesores de 110 centros educativos de 16 países de todo o mundo.
O equipo gañador (categoría Metrólogos) estivo formado polos escolares Lucía Camiña Freire, Diego Prados Neto e Álvaro Sevilla Pérez, coordinados polo profesor José María Villarino Fernández. Na segunda proba, os gañadores elaboraron un modelo 3D sobre a Estatua da Liberdade, mentres que na terceira conseguiron un erro medio inferior a 0,04 mm nas medicións realizadas nun modelo 3D de 350 mm de diagonal maior. As mexicanas Ingrid Montserrat Barcenas Hernandez e Vanessa Barcenas Hernandez, pola súa banda, escanearon en 3D o modelo anatómico dun cranio humano e conseguiron un erro medio inferior a 0,05 mm.
Na categoría Artistas 3D resultou gañador o modelo anatómico dun ollo escaneado en 3D, do equipo Outoforbit3D, da Unidade Educativa Mariscal Sucre de Guayaquil (Ecuador), formado polos alumnos Alina Isabel Briones Miranda e Isaid Medardo Cepeda Huacón coordinados pola profesora Andrea Alexandra Avila Guerra.
Outro dos premios do campionato fomenta as competencias dos alumnos na realización dunha campaña de difusión dos seus resultados, para conseguir que o público do campionato valore e vote o seu modelo 3D. O equipo da categoría de metrólogos máis apoiado polo público de todo o mundo foi da Borusan Asim Kocabiyik Vocational and Technical Anatolian High School de Istambul (Turquía), formado polos alumnos Ceren Mervenur Kocamaz e Beyzanur Canta, coordinados polo profesor Mustafa Toruntay.
A D3Mobile Metrology World League 2019 contribuíu de novo a sensibilizar a todos os participantes acerca do máis que relevante papel da muller na enxeñaría e a arquitectura, co premio outorgado pola Fundación Mulleres, un galardón ao que optaron aqueles equipos que seleccionaron para modelar en 3D un obxecto representativo dunha científica ou tecnóloga de éxito nos devanditos eidos de traballo e investigación. O premio foi para o IES da Pobra de Caramiñal formado polos alumnos Rita Seoane Piñeiro, Román Pego Cánibe e Marcos Fernández Ouviña, coordinados pola profesora Margarita Saborido Ojea, cun modelo 3D sobre Tabitha Babbitt, unha muller americana que inventou a primeira serra circular en 1813, ao darse conta de que se malgastaba a metade do movemento que cada un dos dous traballadores realizaba ao manexar un tronzador.
O gañador do premio ao mellor equipo de mozas e mozos metrólogas e metrólogos da nosa terra, outorgado pola Xunta de Galicia, foi parar, por segundo ano consecutivo, ao equipo do IES da Pobra do Caramiñal coordinado pola profesora Margarita Saborido Ojea e integrado polos alumnos Leticia Romeu Sanisidro, Lea Zhu Muñiz Briones e Pablo Ramallo Castro, que escanearon varias caracolas e obtiveron un erro medio inferior a 0,06 mm.
O equipo da provincia de Lugo mellor clasificado foi o grupo do IES Muralla Romana de Lugo composto polos estudantes Alejandro López Fontán, Carlos Rodríguez Da Serra e Diego Veiga Loureiro e dirixido pola profesora Marta Goy López, que escanearon en 3D unha figura do coliseo romano. Os membros deste equipo recibirán o premio outorgado pola Deputación Provincial de Lugo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?