Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un traballo sobre tecnoloxía para coidadores recibe o Premio de Comunicación Científica da RAGC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un traballo sobre tecnoloxía para coidadores recibe o Premio de Comunicación Científica da RAGC

Redacción
Publicado: 27/06/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

A estudante de Xornalismo Marta Otero
A estudante de Xornalismo Marta Otero
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) vén de dar a coñecer o nome da persoa galardoada este ano (sexta edición) co Premio de Comunicación Científica Contar A Ciencia – La Caixa. Trátase de Marta Otero Mayán, estudante de cuarto de Xornalismo na USC. A reportaxe coa que se proclamou vencedora, Unha app para coidar de quen coida, é un percorrido polo traballo social e de atención do Grupo de Investigación en Saúde Mental e Psicopatoloxía da USC, responsable dunha tecnoloxía que axuda a previr a depresión en coidadores de persoas dependentes.
En opinión de xurado, o artigo gañador fai gala dun salientable enfoque humano para abordar, ao detalle, o devandito traballo do grupo da USC.
O xurado, composto por representantes da Real Academia Galega de Ciencias, Obra Social la Caixa, Colexio de Xornalistas de Galicia, CSIC, Consellería de Educación e GCiencia, tamén escolleu como finalistas ás reportaxes Scuba Cancers, de Andrea Varela e Miriam Álvarez, e Como gañar o que che quita o Parkinson, de Alba Tomé.
A gañadora do Premio Contar a Ciencia-la Caixa recibirá un premio en metálico de 500 euros e un smartphone IoxPhone P1, cortesía do fabricante galego Primux Tech, empresa colaboradora do concurso. A mesma compañía entregará cadanseu equipo de altofalantes portátiles Sk-21 aos dous finalistas. Do mesmo xeito, todos os estudantes que viron seleccionados os seus traballos para a súa publicación en GCiencia recibirán un diploma acreditativo da súa participación.
A VI edición do concurso foi convocada pola Real Academia Galega de Ciencias e patrocinada por Obra Social la Caixa. Contou coa colaboración da Secretaría Xeral de Universidades da Xunta de Galicia e a empresa Primux e foi organizada polo portal web GCiencia. Participaron dez traballos de estudantes de comunicación das facultades galegas. As reportaxes abordaron, en formato escrito e audiovisual, proxectos de investigación que se desenvolven en Galicia.
Todas as finalistas recibirán o seu galardón nun acto que terá lugar o 8 de xullo no Pazo de San Roque de Santiago de Compostela. Ao acto asistirán representantes do mundo académico, social, empresarial e político de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?