Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 150 mozas e mozos participan no Campus Xuvenciencia de Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 150 mozas e mozos participan no Campus Xuvenciencia de Lugo

Redacción
Publicado: 01/07/2019
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

xuvencencia-deputacion.jpgHoxe comezou a nova edición (a sétima) do Campus de Verán Xuvenciencia, que se celebra ata este 5 de xullo convertendo a cidade da Muralla en capital galega, estatal e europea do que se vén coñecendo como universo STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas). Na iniciativa, impulsada pola Universidade de Santiago (Campus de Lugo) e o Concello e a Deputación, participan 150 alumnos e alumnas preuniversitarios de España e Portugal. As actividades de Xuvenciencia (todo tipo de obradoiros e proxectos divulgativos) buscan estimular vocacións científicas entre o alumnado máis novo e dar a coñecer as importantes vantaxes de estudar no campus local.
Na inauguración concorreron a deputada de Cultura en funcións, Pilar García Porto; a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo; a vicerreitora de Coordinación, Montserrat Valcárcel; a profesora da USC e coordinadora de XuvenCiencia, Mercedes Novo Rodríguez; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; e a secretaria territorial da Delegación da Xunta en Lugo, Marta Barreiro Castro.
Ao abeiro da edición 2019 de Xuvenciencia, unha das principais novidades é a actividade Aprendendo a construír vídeos contra o ciberbullying, coordinada por Mari Carmen Caldeiro Pedreira, na que se abordará como o uso indiscriminado dos teléfonos móbiles e da tecnoloxía por parte das novas xeracións deriva ás veces en acoso e violencia. Neste obradoiro, aprenderase a combater o ciberbullying “coas súas propias armas”, a través da construción de pequenos vídeos que permitan facer conscientes ás rapazas e aos rapaces de como se detecta e como se intervén sobre esta nova forma de acoso.
As distintas actividades incluídas no campus de verán XuvenCiencia desenvolveranse en quenda de mañá e tarde, en horario de 9.30 a 18.00 horas, nas facultades de Ciencias, Humanidades, Administración e Dirección de Empresas, Formación do Profesorado e Veterinaria, así como na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría e os dous centros adscritos: Escola Universitaria de Relacións Laborais e Escola Universitaria de Enfermaría.
As visitas aos distintos laboratorios de investigación e servizos da USC en Lugo e a centros e empresas colaboradoras (Aula de Produtos Lácteos, Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, Museo Provincial, Museo Universitario A Domus do Mitreo, AMSlab, Xenética Fontao, Hospital Universitario Lucus Augusti, Castro de Viladonga, Sotavento, Fundación TIC, LARSA, Norvento, FINSA, CETAL), e a realización de obadoiros relacionados coas titulacións científicas, técnicas e sociais do campus centran as actividades programadas polos organizadores do campus en quenda de mañá. .
Polas tardes, os/as alumnos/as inscritos/as no programa, repartidos en grupos pequenos, desenvolverán, baixo a tutela do profesorado universitario, distintos proxectos científicos ou técnicos a elixir entre 26 propostas.
xuvenciencia_xc_nenos.jpg A contribución da Deputación
A deputada de Cultura en funcións, Pilar García Porto, avanzou na súa intervención de hoxe que “é moi importante achegar aos rapaces este tipo de actividades que contribúen a coñecer a ciencia e a tecnoloxía como xeito de fomentar a curiosidade, e que fomenta o interese do alumnado pola actividade científica, que é un motor da sociedade e do seu desenvolvemento”.
Segundo fixo saber, un profesor do Centro de Formación do SdeA (o CFA da Deputación de Lugo) impartirá o obradoiro Como elaborar vídeos para YouTube, e técnicos do Centro de Produción do Servizo (CPS), prestarán apoio ao alumando durante a edición dos vídeos sobre os seus proxectos científicos. Ademais, durante toda a semana, un equipo de profesionais gravará as actividades para a peza audiovisual que sirva de resume da semana. Proxectarase no acto de clausura, o 5 de xullo.
Un obradoiro impartido no Centro de Formación Audiovisual
O obradoiro de contidos para YouTube, que impartirá un profesor do SdeA nas instalacións do CFA, forma parte, por terceiro ano consecutivo, da programación de Xuvenciencia. Segundo lembra a Deputación, trátase dun taller que tivo moi boa aceptación nas anteriores convocatorias, e, de feito, foi o propio alumnado quen pediu que se volvese organizar. Ademais de ensinarlles como subir vídeos a esta plataforma, crearase unha canle propia para pendurar un audiovisual que os estudantes gravarán e editarán durante o obradoiro.
Por outra banda, técnicos do SPA prestarán apoio técnico e asesoramento aos alumnos de Xuvenciencia na edición dos audiovisuais que elaborará cada grupo, cos que presentarán os seus proxectos e participarán no concurso de vídeos que convoca a USC. A achega da Deputación complementarase con reportaxes e un vídeo coa recompilación dos momentos mais salientables.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?