Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campionato de España de Surf 2019 contou con tecnoloxía de telemetría deportiva do ITG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campionato de España de Surf 2019 contou con tecnoloxía de telemetría deportiva do ITG

Redacción
Publicado: 01/07/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

1g0a0407.jpgO Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) achegou a solución tecnolóxica FlyThings Surf ao campionato de España desta modalidade deportiva, que tivo lugar do 22 ao 28 de xuño en augas de Ferrol e que contou con máis de 350 competidores nacionais.
FlyThings Surf é unha solución formada por un pequeno dispositivo hardware instalado na licra do surfeiro, cun peso de 90 gramos e unhas dimensións de 11×6 centímetros, e por un software que representa sobre imaxe de vídeo os valores que alcanza o deportista en cada unha das súas manobras. A información obtida permite valorar, de forma obxectiva, o esforzo, a habilidade e a destreza destes deportistas.
Os parámetros que se rexistran proporcionan unha radiografía 4D do surfeiro durante o tempo que estea na auga. Pódense coñecer e discriminar os seus movementos e manobras mediante o coñecemento e análise da posición exacta en tres eixos (tres dimensións) e ao longo do tempo (cuarta dimensión).
O sensor, de alta precisión e baixo consumo, rexistra 50 datos por segundo que son analizados e tratados con técnicas de intelixencia artificial dando como resultado unhas estatísticas comprensibles para o espectador.
A achega tecnolóxica de ITG no Campionato de España de Surf 2019 enmárcase no convenio de colaboración asinado en 2018 entre o centro tecnolóxico, o Comité Olímpico Español (COE) e a Federación Española de Surf para fomentar a innovación e a investigación aplicada ao deporte.
Ademais do Campionato de España organizado pola Federación Española de Surf, ITG é o socio tecnolóxico do Pantín Classic Galicia Pro ata o ano 2020. Un evento que forma parte do calendario oficial do campionato do mundo organizado pola World Surf League (WSL) e que se converteu na proba máis importante en España polas súas dimensións e a máis antiga de Europa. Durante este tempo, ITG identificará os retos tecnolóxicos do campionato co obxectivo de posicionalo como referente tecnolóxico internacional.
O equipo de enxeñeiros de ITG recolleu as achegas dos deportistas que probaron a primeira versión do dispositivo, que se instalaba na táboa de surf, e está a traballar na nova versión de Flythings Surf, que incorporará melloras na integración co sinal de televisión, así como máis datos da actuación do surfeiro respecto a a versión lanzada en 2018, que medía velocidade de xiro e forza de xiro.
O sistema de telemetría tamén foi testado recentemente nunha proba do Campionato do Mundo de Class 1 (categoría reina de lanchas a motor coñecida como a Fórmula 1 do mar) e Aquabike (motos de auga). Técnicos de ITG desprazáronse á localidade portuguesa de Portimão para despregar a tecnoloxía de forma coordinada coa organización do campionato.


Vídeo no que explican o funcionamento da tecnoloxía FlyThings Surf

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?