Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os desafíos e oportunidades da transformación foron o eixe dunha nova xornada do ICOIIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os desafíos e oportunidades da transformación foron o eixe dunha nova xornada do ICOIIG

Redacción
Publicado: 01/07/2019
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

José Manuel Pérez Castro nunha charla previa do ICOIIG sobre transformación e innovación
José Manuel Pérez Castro nunha charla previa do ICOIIG sobre transformación e innovación
Este venres 28 de xuño o Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) regresou a Santiago para ofrecer unha nova charla do seu programa divulgativo da súa Oficina de Transformación Dixital (OTD). Desta volta, o colexio e os seus convidados abordaron a pegada que está a deixar a transformación dixital en materias como o mercado de traballo ou a distribución da riqueza, así como o novo modelo de xestión da innovación tecnolóxica no ámbito empresarial.
José Manuel Castro Pérez, enxeñeiro industrial pola USC e responsable de Vixilancia Competitiva do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), explicou como a dixitalización non destrúe traballos senón que os transforma. Isto, engadiu, pon de relevo a importancia de formarnos, concienciarnos sobre a implicación dos cambios e adquirir o meirande número de competencias dixitais para afrontar os retos do progreso tecnolóxico na mellor das condicións. “Non se trata de desafíos menores”, dixo, “son tarefas que precisan dunha mentalidade e un esforzo para os que as persoas non foron educadas, xa que o corpo de coñecementos predominante na educación do século XX carecía dos compoñentes multidisciplinares e cognitivos que requiren hoxe a gran maioría de actividades económicas”.
Entre outros aspectos, o relator expuxo como a transformación dixital ten unha elevada capacidade de democratizar os negocios, posto que unha das súas virtudes é facer que trabucarse sexa barato, presente menos riscos. Do mesmo xeito, a xornada detallou a apertura da chamada segunda fenda dixital, as capacidades humanas aumentadas ou a figura dos ciborgs.
Na segunda charla, Daniel Prieto Renda, doutor enxeñeiro industrial e director executivo da empresa Soltec Enxeñeiros, explicou como a industria virou do modelo clásico de innovación ao paradigma 4.0, “pasando do investimento en activos ao investimento en talento e xerando resultados rápidos pola redución de custos das diferentes tecnoloxías”.
Prieto Renda, tamén presidente de AGEINCO, a asociación que dará impulso ao novo Clúster da Enxeñaría de Galicia, comparou o modelo de innovación clásico, baseado na evolución, co novo paradigma, “caracterizado pola disrupción”. En ambos os casos mostrou como se enfoca a súa xestión e como se financia, ademais de detallar as diferenzas de varios exemplos significativos en Galicia.
A xuízo de Prieto Renda, unha das principais diferenzas entre os dous modelos é a importancia que na actualidade ten a velocidade de desenvolvemento das innovacións. “O abaratamento de custos posibilitouno porque fai que os erros non sexan onerosos, primándose desta maneira a realización de proxectos en revisión e mellora continua, o non deterse, fronte ao modelo anterior sometido a unha planificación lenta”.
124 accións nos vindeiros meses
A actividade deste 28 de xuño na Coruña enmárcanse nun intenso calendario de 124 accións coas que o ICOIIG chegará ás sete principais cidades galegas ata o próximo mes de setembro. Todas elas son de acceso libre e de balde para todas as empresas interesadas.
Esta campaña divulgativa afondará en aspectos como a forma de sacarlle proveito á realidade aumentada, as oportunidades da impresión 3D, as solucións que permite a análise da información a gran escala (Big Data) o desenvolvemento da mercadotecnia dixital, a Intelixencia Artificial, a robótica, a dixitalización dos almacéns coa loxística 4.0, a aplicación da tecnoloxía blockchain aos negocios, as contribucións do uso de drons nas empresas ou a utilidade da ciberseguridade ante os riscos dixitais.
As Oficinas de Transformación Dixital postas en marcha en toda España polo Ministerio de Economía e Empresa, a través da entidade pública Red.es, contan cun orzamento global de cinco millóns de euros. As actuacións a realizar serán financiadas con cargo ao Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE), Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) do período de programación 2014-2020 e baixo a lema Unha maneira de facer Europa que ten entre os seus obxectivos mellorar o uso, a calidade e o acceso ás Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?