Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Aberta a nova convocatoria do coworking de Barro para persoas emprendedoras e innovadoras
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Aberta a nova convocatoria do coworking de Barro para persoas emprendedoras e innovadoras

Redacción
Publicado: 02/07/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

coworking-3.jpgA Deputación de Pontevedra e a Escola de Organización Industrial (EOI), co co-financiamento do Fondo Social Europeo, veñen de lanzar a última convocatoria para participar no espazo de traballo innovador e colaborativo do Viveiro de empresas de Barro. A través desta iniciativa de balde darase acubillo, entre setembro e decembro de 2019, a 20 proxectos emprendedores da provincia en fase temperá de desenvolvemento ou creados recentemente. Os pasos para formalizar a inscrición xa se poden facer online. O prazo ficará aberto ata os primeiros días de setembro.
Segundo informan a Deputación e a EOI, a través desta convocatoria as persoas beneficiarias disporán dun espazo de traballo gratuíto así como dun programa de asesoramento personalizado impartido por persoal experto, formación para potenciar as competencias en emprendemento e en xestión de proxectos e acceso aos laboratorios de fabricación dixital que se atopan no mesmo centro.
En concreto, acompañarase ás persoas emprendedoras ao longo do proceso, desde o deseño do modelo de negocio ata a súa posta en marcha e optimización, axudándoas a validar cadansúas iniciativas de mercado con metodoloxías áxiles, así como a desenvolver as habilidades necesarias para poñelas en marcha. Deste xeito, poranse en marcha sesións de formación sobre Lean Start Up, micromecenado, estratexias de comunicación en redes sociais, creatividade e innovación, plans de mercadotecnia dixital, finanzas, habilidades de comunicación e xestión do talento.
Por outra banda, celebraranse diferentes actividades encamiñadas a potenciar o networking e compartir boas prácticas, contando coa experiencia doutras iniciativas emprendedoras, persoas expertas e empresariado. Amais, como peche da edición celebrarase un Demo Day durante o cal presentaranse os proxectos participantes no espazo coworking.
As e os participantes no espazo de traballo colaborativo terán acceso tamén de maneira gratuíta ao FabLab (Laboratorio de Fabricación Dixital) da Deputación de Pontevedra, situado no mesmo espazo do viveiro de Barro e que conta cun equipamento de fabricación dixital integrado por: impresoras 3D, escáneres 3D, kits de Arduino, fresadora de madeira, soldadores de electrónica, material electrónico diverso, etc. Nestes laboratorios desenvolverase unha completa programación de obradoiros específicos de fabricación dixital para promover o coñecemento e uso desta tecnoloxía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?