Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo e Mar impulsan unha app para optimizar a xestión da pesqueira da navalla
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo e Mar impulsan unha app para optimizar a xestión da pesqueira da navalla

Redacción
Publicado: 03/07/2019
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

uvigo_seminario_navalla2.jpgInvestigadores da Universidade de Vigo están a desenvolver unha aplicación móbil para mellorar a xestión da pesqueira tradicional da navalla, optimizando a explotación dos recursos. A tecnoloxía a materializar forma parte dun proxecto que vén de coller impulso cunha experiencia previa na ría de Pontevedra e no que participan (dende hai ano e medio) a Universidade de Vigo e a Consellería do Mar. O proxecto terá tres anos de duración e centrarase na variabilidade espacial do ciclo reprodutivo da devandita especie na ría de Vigo e a súa aplicación á xestión pesqueira.
Na iniciativa, liderada polo CIMA de Corón, participan (por parte da UVigo) investigadores do Centro de Investigación Mariña, tanto do grupo EcoCost como da ECIMAT (Estación de Ciencias Mariñas de Toralla), e do Grupo de Tecnoloxías da información de AtlantTIC. A finalidade é dar soporte á xestión da pesqueira da navalla, estudando, entre outros parámetros biolóxicos, a heteroxeneidade espacial na reprodución “a través de métodos de estudo sinxelos reproducibles nas confrarías”, segundo informan os centros implicados, engadindo que “os datos obtidos a través destes métodos, baseados nas características macro e microscópicas da gónada, serán introducidos de forma continua polo colectivo mariscador, asistencias técnicas das confrarías e biólogos e xestores da Consellería nunha aplicación móbil”.
Segundo explica a UVigo, “trátase de crear unha ferramenta, elaborada tanto para computadores como para dispositivos móbiles, que permita a todos os implicados na explotación e xestión do recurso visualizar o estado reprodutivo do recurso nos distintos bancos e así identificar o mellor intre e lugar para traballar, reducindo os períodos de peche e os descartes de exemplares producidos pola rotura do pé ao realizar a extracción nos momentos posteriores ás principais postas, un proceso coñecido por capamento”.
A día de hoxe, tanto o persoal científico da Universidade de Vigo como os navalleiros, o persoal das confrarías, os biólogos da Consellería do Mar e os investigadores do CIMA están xa recollendo datos, analizando información, desenvolvendo a ferramenta informática e participando en obradoiros formativos, que teñen lugar na ECIMAT, na illa de Toralla.
A ferramenta tecnolóxica resultante virá a cubrir un importante baleiro de información: a maioría das pesqueiras de pequena escala ou artesanais (boa parte das cales, a nivel estatal, son galegas) non teñen datos detallados precisos para comprender o verdadeiro estado do recurso e carecen dunha guía científica que axude na toma de decisións.
uvigo_navalla3.jpgNo proxecto, como dixemos, está a traballar o centro AtlanTIC, cuxas investigadoras e investigadores dan forma á plataforma tecnolóxica que sustentará boa parte da iniciativa. Esta plataforma permitirá cousas como visualizar o estado reprodutivo do recurso dos distintos bancos incluíndo un servidor de base de datos accesible de xeito remoto, un servidor de proceso e páxinas web de entrada/saída para mariscadores, asistencias técnicas e biólogos de zona, para móbiles Android e iOS e ordenadores de sobremesa.
Dentro do plan de traballo do proxecto, ademais das mostraxes e estudos de laboratorio, estanse a desenvolver unha serie de obradoiros prácticos. O último deles celebrouse este venres en Toralla coa participación máis dunha vintena de persoas, entre os que se atopaban navalleiros das confrarías de Moaña e Ribeira, asistencias técnicas de varios pósitos de Galicia, biólogos de zona e xestores da Consellería do Mar. Durante a xornada afondouse nos métodos empregados para coñecer o estado reprodutivo do molusco, presentáronse os resultados preliminares do ciclo biolóxico na ría de Vigo e o estado actual de desenvolvemento da aplicación informática. Os participantes debateron sobre o método devandito e a app, co fin de “incorporar todos os aspectos identificados polo sector que melloren a xestión do recurso”.
No ano 2020 celebraranse outros dous obradoiros, o primeiro deles centrado en amosar e discutir os datos finais do estudo do ciclo reprodutivo e presentar a plataforma xerada, que xa estará sendo empregada polo sector dende finais deste ano a modo de proba. O derradeiro obradoiro servirá para facer un seguimento da aplicación e poder poñela a punto. A plataforma estará aberta para todos os implicados na explotación e xestión da pesqueira da navalla en toda Galicia e será xestionada pola propia Consellería do Mar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?