Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un proxecto coruñés sobre TIC e xeometría, na mostra estatal Campus Vivo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un proxecto coruñés sobre TIC e xeometría, na mostra estatal Campus Vivo

Redacción
Publicado: 04/07/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

psx_20190704_123620.jpgO proxecto Xeometría Aplicada da Universidade da Coruña vén de ser seleccionado para participar na terceira edición da exposición Campus Vivo. Investigar na Universidade, organizada e producida polo Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), co obxectivo de trasladar á sociedade a importancia da investigación que se leva a cabo nos campus estatais (unha importancia clave para o desenvolvemento, para a defensa do medio natural e para mellorar a calidade de vida das persoas). Xeometría Aplicada está impulsado por Adriana Dapena, investigadora de arquitectura de computadores, sensórica e comunicacións do Centro de Investigación TIC da UDC (CITIC). Os outros sete proxectos que conformarán a exposición, que se poderá visitar a partir de novembro no Museo de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña, pertencen ás universidades de Murcia, Burgos, Cádiz, Granada, Navarra, Euskadi e a Universitat Oberta de Catalunya.
A convocatoria recibiu un total de vinte propostas para as catro grandes áreas temáticas definidas: orixe da humanidade, avances científico-tecnolóxicos, retos do futuro e retos sociais.
Xeometría Aplicada, como dixemos, é unha iniciativa liderada pola investigadora da UDC Adriana Dapena, integrante do Grupo de Tecnoloxía Electrónica e Comunicacións (GTEC) da Facultade de Informática. Baséase en achegar un conxunto de actividades orientadas ao público xeral co obxectivo de mostrar a importancia da xeometría en enxeñaría. A investigación foi realizada en dúas fases: na primeira estudouse a caracterización das posicións relativas entre elipsoides e outras superficies cuádricas utilizando técnicas xeométricas que involucran desde a análise matemática ata a álxebra lineal e na segunda desenvolvéronse algoritmos para a determinación de contacto entre obxectos modelados con ese tipo de superficies envolventes. Segundo informa a UDC, os resultados obtidos poden aplicarse a ámbitos moi diversos como videoxogos, control de drons ou empaquetado denso, entre outros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?