Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xuvenciencia introduciu á rapazada participante nos segredos e posibilidades da robótica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xuvenciencia introduciu á rapazada participante nos segredos e posibilidades da robótica

Redacción
Publicado: 04/07/2019
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

xuvenciencia_foto_grupo.jpgA sétima edición do Campus de Verán XuvenCiencia é estes días unha xanela para albiscar de maneira clara e nidia o futuro que nos agarda. Non só o futuro tal e como pode concibir unha empresa ou un centro tecnolóxico, senón tamén o que atinxe directamente ás novas xeracións de estudantes galegos. De achegar a innovación e o progreso tecnolóxico ao alumnado (futuras e futuros investigadores do día de mañá) é do que trata este Campus de Verán lucense, que vén de chegar á súa terceira xornada (logo das xeiras do luns e do martes) abordando as posibilidades (profesionais, persoais) da robótica e dos coidados médicos aos animais.
A Facultade de Ciencias da USC en Lugo acolleu na mañá deste mércores o obradoiro Robots ao servizo da xente, no que o alumnado participante na terceira xornada de XuvenCiencia puido afondar nos esforzos de investigación que se están a facer nos sistemas intelixentes no ámbito dos servizos, alén de ter a oportunidade de interaccionar co robot humanoide NAO. Ademais de introducirse de cheo na robótica, os 150 participantes na sétima edición de XuvenCiencia puideron coñecer a fondo o tránsito da aspirina dende o laboratorio ata a farmacia, así como tomar parte en distintas actividades centradas na alimentación e na saúde.
A Facultade de Veterinaria acolleu tamén na terceira xornada distintos obradoiros nos que o alumnado coñeceu de preto como recoller mostras, o DNI xenético, as bacterias ou os virus patóxenos. A actividade O mundo invisible das doenzas animais serviu para que os participantes coñecesen o labor do patólogo veterinario e algunhas técnicas que emprega para chegar ao diagnóstico das enfermidades.
O obradoiro de física Experimentos de difracción de luz, xunto cunha actividade de iniciación á danza e a xeira de traballo sobre Design Thinking, celebrada na Facultade de Administración e Dirección de Empresas, completaron o programa da xornada.

Até 150 mozas e mozos están a participar no Campus de Verán

o_mundo_invisible_das_enfermidades_animais.jpgO luns comezou a nova edición (a sétima) do Campus de Verán Xuvenciencia, que se celebra ata este 5 de xullo convertendo a cidade da Muralla en capital galega, estatal e europea do que se vén coñecendo como universo STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas). Na iniciativa, impulsada pola Universidade de Santiago (Campus de Lugo) e o Concello e a Deputación, participan 150 alumnos e alumnas preuniversitarios de España e Portugal. As actividades de Xuvenciencia (todo tipo de obradoiros e proxectos divulgativos) buscan estimular vocacións científicas entre o alumnado máis novo e dar a coñecer as importantes vantaxes de estudar no campus local.
Ao abeiro da edición 2019 de Xuvenciencia, unha das principais novidades foi a actividade Aprendendo a construír vídeos contra o ciberbullying, coordinada por Mari Carmen Caldeiro Pedreira, na que se abordou como o uso indiscriminado dos teléfonos móbiles e da tecnoloxía por parte das novas xeracións deriva ás veces en acoso e violencia.
As distintas actividades incluídas no campus XuvenCiencia desenvólvense en quenda de mañá e tarde, en horario de 9.30 a 18.00 horas, nas facultades de Ciencias, Humanidades, Administración e Dirección de Empresas, Formación do Profesorado e Veterinaria, así como na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría e os dous centros adscritos: Escola Universitaria de Relacións Laborais e Escola Universitaria de Enfermaría.
As visitas aos distintos laboratorios de investigación e servizos da USC en Lugo e a centros e empresas colaboradoras (Aula de Produtos Lácteos, Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, Museo Provincial, Museo Universitario A Domus do Mitreo, AMSlab, Xenética Fontao, Hospital Universitario Lucus Augusti, Castro de Viladonga, Sotavento, Fundación TIC, LARSA, Norvento, FINSA, CETAL), e a realización de obradoiros relacionados coas titulacións científicas, técnicas e sociais do campus centran as actividades programadas polos organizadores do campus en quenda de mañá.
Polas tardes, os/as alumnos/as inscritos/as no programa, repartidos en grupos pequenos, impulsan, baixo a tutela do profesorado universitario, distintos proxectos científicos ou técnicos a elixir entre 26 propostas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?