Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A innovación aeronáutica volverá a Lugo da man do Criterium
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A innovación aeronáutica volverá a Lugo da man do Criterium

Redacción
Publicado: 05/07/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_lugo_criterium_2019.jpgO Aeródromo das Rozas, en Lugo, vai ser novamente o escenario do evento Criterium Aeronáutico, que chega á súa edición número 14. Unha vez máis e no que á temática de Código Cero se refire, será unha cita acaída para as persoas que queiran ampliar información e recursos sobre as máis avanzadas e vangardistas tecnoloxías UAV (vehículos aéreos non tripulados, polas súas siglas en inglés). Onte mesmo foron presentados os detalles desta nova convocatoria, que se celebra os vindeiros 25, 26, 27 e 28 de xullo. A cita vén da man do Real Aeroclube de Lugo coa colaboración da Deputación de Lugo (que achega 10.000 euros para o seu desenvolvemento), e os Concellos de Lugo e Castro de Rei.
Na presentación, na que tamén se deron a coñecer datos sobre a XXXVI Volta Aérea a Galicia, participaron o deputado de Deportes en funcións, Pablo Rivera Capón, a concelleira do Concello de Lugo, Ana González Abelleira, o alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado Teijeiro, xunto co secretario xeral do Real Aeroclube de Lugo, Marco Antonio López Queiroz.
Rivera Capón salientou a importancia desta cita que ten varias vertentes: por unha banda, a Volta a Galicia (unha proba puntuable para os deportistas aeronáuticos), e, pola outra, o Criterium Aeronáutico (que ten un obxectivo divulgativo, pois da a posibilidade coñecer esta modalidade deportiva entre os veciños da provincia, ao tempo que dinamiza toda a contorna, pois é quen de atraer cada ano a 5.000 persoas).
depu_lugo_criterium-2.jpgO deputado tamén explicou que “nesta ocasión contamos coa participación da Patrulla Águila, que deleitará aos asistentes coas súas acrobacias”. Na súa opinión, “será todo un privilexio contar coa patrulla e agardamos que a súa colaboración esperte aínda máis interese neste evento, facendo que moitos máis seareiros aos deportes aéreos coñezan a nosa provincia e as súas paisaxes”.
Durante os catro días que dura o Criterium celebraranse chimpos en paracaídas, bautismos de voo, exhibicións acrobáticas, labores de apagalumes, simuladores, exposicións e sorteos para voos de balde. O acceso para ver as actividades será de balde, se ben é necesario anotarse e aboar determinadas contías para participar no paracaidismo ou nos voos. Máis información e inscricións no correo criteriumaeronautico@aerolugo.es.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?