Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A tecnoloxía volveu mostrar a súa vertente máis democrática e divertida na Maker Faire Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A tecnoloxía volveu mostrar a súa vertente máis democrática e divertida na Maker Faire Galicia

Redacción
Publicado: 08/07/2019
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

santiago_maker_faire.jpgA Cidade da Cultura de Santiago foi estes días un fervedoiro de innovación en estado puro: innovación participativa en todo o sentido do termo. O motivo? O desenvolvemento da Maker Faire Galicia, a feira argalleira máis relevante da nosa terra e, en palabras da organización (Vermis co apoio do Concello compostelán e a Fundación Cidade da Cultura), a máis salientable de todo o ámbito peninsular. Polo evento pasaron centos de persoas, tanto para ver de preto tecnoloxías facéndose, como para poñerse mans á obra. Amais, a cifra de participantes inscritos foi de medio milleiro.
Entre as persoas que por alí pasaron atopábase o concelleiro de Relacións Institucionais e segundo tenente de Alcalde, Sindo Guinarte, que salientou na inauguración a importancia que ten para Santiago acoller eventos deste tipo, porque “innovación e creación son as claves do éxito do sector industrial e empresarial”, dixo. Guinarte definiu as dúas vertentes da feira (a profesional, que se desenvolveu de mércores a venres, e a do público en xeral, o sábado e o domingo) como “unha oportunidade única para coñecer os últimos avances tecnolóxicos, visualizar como está o mercado, crear sinerxías, captar novos talentos ou sumarse a novos proxectos empresariais”.
O edil tamén tivo palabras para lembrar os vindeiros proxectos tecnolóxicos do Goberno local, como a construción en parcelas públicas do Concello de naves niño destinadas a novas iniciativas empresariais “co obxectivo de dar impulso a esas empresas que están a xurdir e complementar os viveiros, como o da Cámara de Comercio”.
Vertente profesional
Durante os tres días profesionais houbo charlas e mesas redondas onde se trataron temas de actualidade como a robótica, a ciberseguridade, o Open Data, a enerxía, a mobilidade ou a Intelixencia Artificial. Foron, en total, tres temáticas por día. Participaron empresas como Iberdrola, Repsol, Cellnex ou Siemens; e empresas galegas de recoñecido prestixio como FINSA, Plexus, Televés, Kaleido ou Alén Space, que presentaron os seus proxectos.
Xornadas Abertas
As xornadas abertas a todos os públicos celebráronse os días 6 e 7 de xullo. Durante toda a fin de semana no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia, de 10 da mañá a 8 da tarde, nenos, adultos e maiores puideron gozar de numerosas charlas e actividades para todos os gustos.
Entre os relatores destacou a figura de Soledad Ayuso, unha avoa maker que imprime todo o que se imaxina en 3D, desmitificando a idade como un factor limitador para converternos en argalleiras e argalleiros de tecnoloxía.
No tocante ás actividades e obradoiros que se desenvolveron durante a feira o abano temático foi ben amplo: pilotaxe de drons, creación de microscopios caseiros, mistura de papiroflexia e electrónica, Arduino, programación…
Outra das actividades estrela foi a Hebocon, a competición de robots absurdos, que volveu captar a atención de argalleiras e argalleiros de todas as idades.
Faire Galicia, a feira argalleira máis relevante da nosa terra e, en palabras da organización (Vermis co apoio do Concello compostelán e a Fundación Cidade da Cultura), a máis salientable de todo o ámbito peninsular. Polo evento pasaron centos de persoas, tanto para ver de preto tecnoloxías facéndose, como para poñerse mans á obra. Amais, a cifra de participantes inscritos foi de medio milleiro.
Entre as persoas que por alí pasaron atopábase o concelleiro de Relacións Institucionais e segundo tenente de Alcalde, Sindo Guinarte, que salientou na inauguración a importancia que ten para Santiago acoller eventos deste tipo, porque “innovación e creación son as claves do éxito do sector industrial e empresarial”, dixo. Guinarte definiu as dúas vertentes da feira (a profesional, que se desenvolveu de mércores a venres, e a do público en xeral, o sábado e o domingo) como “unha oportunidade única para coñecer os últimos avances tecnolóxicos, visualizar como está o mercado, crear sinerxías, captar novos talentos ou sumarse a novos proxectos empresariais”.
O edil tamén tivo palabras para lembrar os vindeiros proxectos tecnolóxicos do Goberno local, como a construción en parcelas públicas do Concello de naves niño destinadas a novas iniciativas empresariais “co obxectivo de dar impulso a esas empresas que están a xurdir e complementar os viveiros, como o da Cámara de Comercio”.
Vertente profesional
Durante os tres días profesionais houbo charlas e mesas redondas onde se trataron temas de actualidade como a robótica, a ciberseguridade, o Open Data, a enerxía, a mobilidade ou a Intelixencia Artificial. Foron, en total, tres temáticas por día. Participaron empresas como Iberdrola, Repsol, Cellnex ou Siemens; e empresas galegas de recoñecido prestixio como FINSA, Plexus, Televés, Kaleido ou Alén Space, que presentaron os seus proxectos.
Xornadas Abertas
As xornadas abertas a todos os públicos celebráronse os días 6 e 7 de xullo. Durante toda a fin de semana no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia, de 10 da mañá a 8 da tarde, nenos, adultos e maiores puideron gozar de numerosas charlas e actividades para todos os gustos.
Entre os relatores destacou a figura de Soledad Ayuso, unha avoa maker que imprime todo o que se imaxina en 3D, desmitificando a idade como un factor limitador para converternos en argalleiras e argalleiros de tecnoloxía.
No tocante ás actividades e obradoiros que se desenvolveron durante a feira o abano temático foi ben amplo: pilotaxe de drons, creación de microscopios caseiros, mistura de papiroflexia e electrónica, Arduino, programación…
Outra das actividades estrela foi a Hebocon, a competición de robots absurdos, que volveu captar a atención de argalleiras e argalleiros de todas as idades.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?