Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Aprobada a Lei de Administración Dixital de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Aprobada a Lei de Administración Dixital de Galicia

Redacción
Publicado: 09/07/2019
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

usuaria_computador_moza-2.jpgO marco xurídico para converter en realidade unha eAdministración plena, universal e accesible, a Lei de Administración Dixital de Galicia (LEDIXGA) recibiu este martes 9 de xullo o visto e prace do Parlamento autonómico. A aprobación implicou o remate do trámite parlamentario, tralo proceso de exposición pública e logo de que a lei fose aprobada na mesa de persoal da Xunta co “voto unánime de todas as organizacións sindicais”, lembra a Axencia para sa Modernización Tecnolóxica de Galicia, AMTEGA, engadindo que a novo marco xurídico “adapta á realidade do sector público autonómico as obrigas das leis estatais 39 e 40/2015”.
A nova lei, explica a axencia, aséntase en tres principios: o principio de “só unha vez”, que busca ceibar aos cidadáns de ter que reclamar datos que xa obran en poder da Administración; o principio da proactividade, que se dirixe a facilitar que a Administración forneza de servizos personalizados e se adiante ás necesidades da xente; e o principio de automatización dos procesos para conseguir unha xestión máis eficiente.
Entre as grandes novidades do novo marco aprobado hoxe sitúase a evolución das actuais oficinas de Rexistro cara a espazos de asesoramento e apoio, “nos que prestará asistencia aos cidadáns na xestións online coa Administración, tanto na presentación de escritos e solicitudes como na tramitación da identificación dixital ou na formalización de apoderamentos de representación”.
AMTEGA lembra que a lei tamén establece a posta en marcha da figura do funcionario habilitado, que posibilitará que unha persoa autorizada ou un funcionario poda realizar trámites telemáticos en nome doutra persoa.
En definitiva, a iniciativa busca consolidar a sede electrónica da Xunta como “o punto de acceso único, sinxelo e accesible na rede a calquera recurso ou servizo da Administración, dando especial relevancia ao cartafol do cidadá, no que poden xestionar dixitalmente toda a información referente aos seus trámites administrativos e consultar o estado dos mesmos “con todas as garantías de seguridade”.
Capacitación dixital
A norma define, “por primeira vez”, a creación dun marco galego de competencias dixitais, tomando como referencia o marco común da Comisión Europea nesta materia, para que “os cidadáns poidan acreditar os seus coñecementos tecnolóxicos e mellorar as súas competencias profesionais”. Ademais, promoverase a e-inclusión con actuacións de formación en función do nivel (alfabetización, capacitación e innovación dixital), na que a rede de aulas CeMIT “constituirá un instrumento de apoio importante”, explica a axencia autonómica, engadindo que a lei abrangue a definición dun plan de capacitación dixital do empregado público dirixido a todas as persoas que traballan nas administracións galegas e que permitirá acadar o certificado galego de e-competencias.
O regulamento senta xa que logo os alicerces para “o desenvolvemento do posto de traballo dixital do empregado público” e regula o Arquivo Electrónico Administrativo como “o elemento que vai dar acollida a todos os expedientes autonómicos en tramitación e os rematados”.
O novo marco xurídico tamén establece que o Centro de Proceso de Datos (CPDI) e a rede corporativa da Xunta constitúen “infraestrutura básica precisa para dar soporte á Administración Dixital, que deberán asegurar a prestación de todos os servizos tecnolóxicos a nivel de posto de traballo”.
A lei tamén fixa que a Xunta disporá dun plan de continuidade dos servizos dixitais, que determinará os requisitos de seguridade, calidade e continuidade, as accións preventivas, correctivas e reactivas e o establecemento de responsabilidades que permitan garantir a dispoñibilidade dos ditos servizos.
Para facilitar o seguimento dos avances e o seu impacto no funcionamento interno e na relación cos cidadáns a norma contempla a creación dun sistema de indicadores da eAdministración. A análise dos datos que proporcione o sistema, xa en marcha, permitirá introducir melloras na implantación dos servizos. Ademais, a lei aposta pola potenciación do Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización Tecnolóxica de Galicia (OSIMGA) como “órgano asesor dixital para a extensión da modernización tecnolóxica da Comunidade Autónoma de Galicia”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?