Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O programa Fábrica Intelixente colle impulso coa segunda convocatoria de 2019
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O programa Fábrica Intelixente colle impulso coa segunda convocatoria de 2019

Redacción
Publicado: 09/07/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fabrica_intelixente.jpgEste mes de xullo abriuse o prazo para solicitarmos a nosa participación na segunda edición do programa Fábrica Intelixente, convocatoria 2019, impulsado pola axencia GAIN da Consellería de Economía cun crédito de 6,4 millóns de euros. O obxectivo de Fábrica Intelixente, nas palabras da axencia, é apoiar proxectos de innovación e desenvolvemento que fagan avanzar a nosa terra en materia de Industria 4.0. Ou sexa, en materia de rendibilidade, competitividade, eficacia, eficiencia e sustentabilidade aplicadas ás empresas. O prazo pecha o 31 de xullo.
As destinatarias destas axudas son empresas “capaces de liderar proxectos de I+D+i de carácter estratéxico ou agrupacións dunha empresa ou empresas cun organismo de investigación, ambos con centro de traballo en Galicia”. O tipo de proxectos a cubrir con financiamento son de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación en materia de organización e procesos, individuais ou en cooperación, cun orzamento de entre 2 e 10 millóns de euros. A intensidade das axudas varía en función do tipo de proxecto e do tamaño da empresa, podendo chegar ata o 80%.
Entre as principais novidades desta edición destaca a redución do orzamento mínimo dos proxectos (de 4 a 2 millóns de euros) para permitir unha maior participación das PEME; o aumento do prazo de execución dos proxectos (de 2 a 3 anualidades) e a ampliación do prazo de solicitude, habilitando dúas edicións ao longo do ano para adaptarse mellor aos tempos das empresas.
Resolución da primeira edición de 2019
Na primeira fase apoiaranse 5 proxectos nos sectores da conserva, motor, naval e TIC. Os proxectos desenvolveranse ata 2022 e neles participan 7 empresas e un centro tecnolóxico. Cunha axuda de preto de 6,4 millóns de euros, agárdase que mobilicen 22,4 millóns de euros, xeren 16 empregos cualificados e empreguen a 94 persoas en tarefas de I+D+i. Segundo informa GAIN, os proxectos financiados nesta primeira edición de 2019 son: Albo 4.0, Tecnoloxías dixitais para a industria conserveira do futuro; Fiber 4.0, Desenvolvemento da Factoría Intelixente de Benteler Automotive Vigo; F4ST, Desenvolvemento de Tecnoloxías 4.0 para o Estaleiro do Futuro de Navantia; CLAUDIIA, Collaborative Layer for Automation and Development of Industrial Innovative Approache, liderado por Gamelsa, empresa do grupo Televés, en colaboración co CTAG; e EfiFACTORY, Tecnoloxías 4.0 para a fabricación eficiente da factoría Borgwarner en colaboración co CTAG.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?