Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AMTEGA lanza sete retos blockchain ao sector tecnolóxico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AMTEGA lanza sete retos blockchain ao sector tecnolóxico

Redacción
Publicado: 10/07/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

blockchain-2.jpgEste 10 de xullo celebrouse na Cidade da Cultura unha xornada sobre os desafíos e posibilidades que abre a tecnoloxía da cadea de bloques (Blockchain) para unha manchea de sectores e ámbitos de actividade. Na cita, que veu da man da axencia AMTEGA e Alastria, anunciouse o lanzamento de varios retos para aplicar a devandita tecnoloxía nos eidos da eAdministración, o turismo e a rastrexabilidade alimentaria. Estas propostas foron presentadas na inauguración pola directora da axencia autonómica, Mar Pereira, e a presidenta de Alastria, María Parga.
Son un total de sete propostas coas que a Administración autonómica busca “mellorar a transparencia e a automatización en cuestións relativas á identificación dixital, a procesos ligados á carpeta cidadá, á interoperabilidade ou á acreditación das competencias dixitais”. Os retos, como dixemos, tamén abranguen o sector turístico, en concreto co Camiño de Santiago, “para asegurar a identidade e mellorar a captación de visitantes e garantir o regreso de viaxeiros que xa nos visitaran previamente”. O terceiro ámbito é o da rastrexabilidade alimentaria: trátase de solucionar con tecnoloxía Blockchain os seus principais atrancos de operatividade.
As empresas do sector interesadas no devandito teñen desde hoxe e ata o 30 de setembro para presentar as súas propostas iniciais. A partir desa data e ata finais de ano abrirase un período de reflexión ata definir a solución más axeitada a cada caso.
A directora da AMTEGA, Mar Pereira, que inaugurou o encontro xunto coa presidenta de Alastria, María Parga, salientou que “o posicionamento de Galicia nas tecnoloxías que marcan un antes e un despois é un dos obxectivos da Estratexia Dixital 2030, que está en proceso de elaboración neste momento”. Pereira sinalou que esta folla de ruta para a vindeira década pivotará sobre o potencial transformador das tecnoloxías innovadoras, e por iso desde a Administración quérese reforzar as capacidades de Galicia nas novas redes de alta capacidade, na análise intelixente dos datos, na Intelixencia Artificial, ou na ciberseguridade.
A xornada de hoxe enmárcase nas actuacións previstas no convenio de colaboración asinado o pasado mes de marzo pola AMTEGA e Alastria, para aplicar a tecnoloxía de cadea de bloques a sectores estratéxicos. No encontro presentáronse exemplos da aplicación de Blockchain no sector bancario como o de Abanca e a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescado e Marisco (ANFACO).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?