Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: «As matemáticas teñen aplicación en practicamente todos os campos da vida» – Peregrina Quintela, directora do ITMATI
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

«As matemáticas teñen aplicación en practicamente todos os campos da vida» – Peregrina Quintela, directora do ITMATI

Redacción
Publicado: 12/07/2019
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

peregrina1.jpgO Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI), creado en 2013, supuxo un importante fito de agregación de recursos entre as tres universidades galegas para promover a transferencia de tecnoloxía matemática e dar respostas eficaces ás demandas das empresas, as industrias e as administracións públicas. Os días 22, 23 e 24 de xullo celebra a primeira Conferencia sobre Transferencia entre Matemáticas e Industria (CTMI 2019) na Facultade de Matemáticas de Santiago, en colaboración coa Red Española Matemática-Industria (math-in). Durante este evento internacional daranse a coñecer avances significativos no eido da Matemática Industrial. Peregrina Quintela Estévez, directora do ITMATI, cóntanos nesta entrevista os detalles máis relevantes da cita.

-Que representa o feito de que Galicia sexa a sede dun encontro dos mellores expertos internacionais no eido da matemática industrial?
-É una consecuencia natural do recoñecemento da matemática industrial galega. Cómpre ter en conta que o CTMI 2019 é a primeira edición dun congreso nacional centrado en promover a transferencia de tecnoloxía e ser un foro español de encontro bianual do mundo académico co sector industrial e empresarial, un concepto de congreso totalmente innovador. É unha iniciativa da Rede Española Matemática-Industria, na que tamén colabora a rede europea EU-MATHS-IN, que nesta primeira edición confiou na experiencia do ITMATI para axustar o seu deseño coa idea de garantir o éxito nos obxectivos marcados.

-Cales son algúns dos avances más innovadores das matemáticas para resolver problemas da industria e da sociedade que se presentarán neste foro?
-As matemáticas son moi transversais e teñen aplicación en practicamente todos os campos da vida. O que se vai poder percibir neste CTMI 2019 é soamente un escaparate da manchea de aplicacións deste ámbito de investigación. Con esta idea presentaremos resultados xa acadados en diversos sectores como automoción, biomedicina, enerxía e medio ambiente, loxística, Big Data e Intelixencia Artificial. Amosaranse aplicacións tan diversas como o amortecemento dos sistemas de freado para evitar que rechíen; o deseño da fabricación centralizada e distribuída de biomasa; a planificación, realización e control eficientes do fluxo de pacientes, materiais e información no sector sanitario; ou a obtención en tempo real de estimacións fiables das posicións, velocidades ou aceleracións de vehículos como trens, coches ou mesmo avións non tripulados.

itmati_congreso_xullo-2.jpg–Que sería preciso potenciar para favorecer un maior achegamento do mundo académico e empresarial no caso das matemáticas?
-Para mellorar este achegamento é preciso incorporar ao sistema un novo tipo de profesionais, os tradutores tecnolóxicos, que deberían ser a bisagra de encontro entre o mundo académico e industrial, e facilitar a consolidación destes profesionais en estruturas como ITMATI, math-in ou EU-MATHS-IN. Pensar que isto é posible soamente usando financiamento privado é un erro maiúsculo; o financiamento público debe incrementarse neste contorno non tan clásico pero que é importante para o desenvolvemento dunha nova economía no país baseada na tecnoloxía.

-Considera que é preciso renovar os plans de estudo actuais no relativo ás matemáticas?
-A de Matemáticas é unha das carreiras con máis demanda debido a unha taxa de paro practicamente nula, e isto nun momento no que a incorporación como profesionais na ensinanza é moi baixa. Pódese ver como a revolución dixital, que se está a levar un cabo na industria e nas institucións, está baseada en incluír tamén aos matemáticos como peza clave. Esta situación é o resultado de moito traballo ao longo dos anos; de xeito que a transferencia de coñecemento matemático, a posta en marcha de foros de interacción matemática-industria, os grupos de estudo coa industria, os traballos de fin de mestrado en colaboración coas empresas, e mesmo os doutorados industriais, son un bo caldo de cultivo para unha renovación constante da ensinanza neste eido das Matemáticas, cuns programas nos que cada vez máis as aplicacións marcan os camiños da aprendizaxe. De novo o recoñecemento deste inxente labor na carreira científica do profesorado debe mellorar, xa que é unha estratexia clave para que a academia e a industria acaden un clima de confianza e interacción continuada.

-En que medida Galicia é un referente en matemática industrial?
-Galicia leva traballando nesta liña de xeito continuado dende principios dos anos 80 do século pasado. Foi unha visión extraordinaria do profesor Bermúdez de Castro, que daquela era totalmente innovadora sobre a capacidade das matemáticas para resolver problemas reais e axudar ás empresas, industrias e institucións a avanzar de forma máis rápida e segura. Tamén axudou a gran capacidade de colaboración dos matemáticos galegos das tres universidades, que traballaron ao unísono para por en marcha titulacións oficiais conxuntas.

-Que din as cifras?
–Recentemente fíxose unha análise da evolución da transferencia en España no período 2008-2018, na que se amosa que Galicia aporta un 13% dos grupos de investigación españois que manifestaron facer transferencia matemática, e os recursos captados por contratos directos coa industria representan, porén, un 63% do conxunto nacional, sendo o 90% deles acadados na actualidade a través de ITMATI. Isto quere dicir que a confianza dos clientes na resposta do centro e dos seus investigadores é moi boa, e esperamos seguir así no futuro. Ademais, nos últimos anos observamos como noutros países están a tomar nota da nosa fórmula.

A entrevistada

Peregrina Quintela Estévez é licenciada en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora pola Universidade Autónoma de Madrid e pola Universidade da Sorbona. É catedrática de Matemática Aplicada da USC. Ao longo da súa traxectoria ten traballado de xeito incesante no achegamento das universidades á industria, tanto dende o ámbito investigador como a través da posta en marcha de infraestruturas aglutinadoras que facilitan a transferencia do coñecemento matemático. Nesta liña, liderou a creación da Red Española Matemática-Industria, da que é presidenta dende a súa fundación; a posta en marcha do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial, que dirixe dende a súa creación; e tamén ten participado na fundación do European Service Network of Mathematics for Industry and Innovation.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?